Ferrol acolle a terceira edición da First Lego League

A Universidade da Coruña volve organizar o certame, dirixido a estudantes de 6 a 16 anos para a promoción da ciencia e a tecnoloxía.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 17/02/2017 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O Auditorio de Ferrol acolle este sábado, 18 de febreiro, a terceira edición que organiza a Universidade da Coruña da First Lego League Galicia, na que participan estudantes de 6 a 16 anos.

Participantes na First Lego League
Participantes na First Lego League | Fonte: UDC.

A First Lego League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía con dous desafíos: un, para os nenos e nenas de 6 a 10 anos e outro, para estudantes de 10 a 16 anos.

Na sección dos máis pequenos inscribíronse dez equipos, cuxo reto consiste en deseñar unha maqueta Lego e explicar nun póster o aprendido no proceso. O obxectivo é captar a curiosidade dos máis pequenos pola inventiva e a tecnoloxía.

Na sección de alumnado de 10 a 16 anos, os trece equipos inscritos teñen que realizar un proxecto científico cos animais como proposta de tema e participar nunha competición de robots con Lego Mindstorms.

O xurado valorará a adquisición de coñecementos e de valores compartidos.

As salas do Auditorio de Ferrol acollerán desde as 9:30 as diferentes probas e ás 13:45h. o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidirá a entrega de premios aos gañadores.

Xa pola tarde, os alumnos participantes coñecerán, nunha visita guiada, as instalacións do Campus de Ferrol. Prevese que o evento congregue a máis de seiscentas persoas no Auditorio de Ferrol, das que preto de 200 son participantes.

A First Lego League Galicia está organizada por profesores da Escola Politécnica Superior, da Escola Universitaria Politécnica e a Facultade de Informática e 65 voluntarios que colaboran no desenvolvemento da xornada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta