SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2017 | Actualizada ás 17:15 por EUROPA PRESS
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza este martes, día 21, no edificio Emprendia unha xornada sobre as características da nova Lei de Patentes.
En concreto, a actividade, organizada pola área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da institución compostelá, en colaboración co Bioga, comezará a partir das 16,30 horas e será de asistencia gratuíta.
O programa comezará cun relatorio no que Juan Arias, de ABG Patentes, dará conta das principais novidades desta nova norma. A el seguiralle, a partir das 18,00 horas, o catedrático de Dereito Mercantil da USC Ángel García Vidal, que explicará a incidencia do Brexit na regulación da propiedade industrial no contexto europeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.