O director de El Correo envía carta “case ameazante” o día antes da primeira protesta dos traballadores

José Manuel Rey Nóvoa quere evitar a primeira concentración dos seus empregados que levan seis meses sen cobrar e cun ERE temporal que algúns están xa a punto de rematar. Insiste en apelar a “nuevas inversiones” nun grupo de ten máis de 16 millóns de débedas.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 22/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Unha empresa en ameaza con caer na quebra técnica, fóra xa da súa histórica sede, cuns traballadores que levan anos sufrindo o indicible, con seis meses sen cobrar e insertos nun ERE temporal que os deixará sen cobertura de desemprego se van ao paro. E, aínda así, a pesar de todos eses sufrimentos, hai quen lle pide que sigan sufrindo calados na procura dunha solución que non dá chegado e que pode ser, directamente, o peche ou a disolución da empresa.

Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego
Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego

Esa é a triste historia de El Correo Gallego, un dos grandes grupos de comunicación de Galicia e que hoxe é xa unha sombra do que foi. Editorial Compostela, matriz do grupo, leva meses tentando renegociar unha débeda de máis de 16,8 millóns de euros, nomeadamente con ABANCA e Lico Leasing, para garantir a súa viabilidade. Pero, ata o de agora, sen resultados satisfactorios.

Tivo que abandonar a súa histórica sede. Un gran edificio no corazón histórico da capital galega e marchar a unha nave ás aforas da cidade. Os seus traballadores levan anos sufrindo estreiteces económicas e laborais, con seis meses sen percibir os seus salarios, cun ERE temporal e traballando tanto ou máis que antes. Polo medio, multitude de xuntanzas, asembleas e amagos de protesta. Pero, ante as constantes promesas dos directivos do xornal, nunca foron máis alá que expoñer a súas penurias en privado. Ata agora.

Primeira protesta convocada

E é que os traballadores decidiron dar un tímido paso para amosar que están fartos de promesas incumpridas e convocaron unha concentración diante da súa nova sede, no Polígono de Costa Vella. Unha medida simbólica, de cinco minutos. Ninguén se tiña porque enterar. Só na empresa. Ata que o seu director converteu un acto simbólico nunha declaración de guerra. Ou así o entenden algúns dos seus traballadores.

José Manuel Rey Novoa
José Manuel Rey Novoa | Fonte: lacapitalmd

Xusto un día despois desa decisión, José Manuel Rey Nóvoa, o director do xornal, decidiu utilizar a intranet do medio para facer chegar unha carta a todos os seus traballadores. Unha carta que, obviamente, sabía que ían recibir todos, posto que ese sistema é o que utilizan todos eles para traballar.

Na carta, que aínda que tenta ser amistosa, Rey Nóvoa utiliza un ton “case ameazante”, segundo algúns traballadores consultados, para convidalos a que miren ben se paga a pena acudir a esa tímida protesta. “Algo inaudito”, apuntan. “Haced lo que os dicta vuestra conciencia y sabed que mañana, mientras algunos protestas, estaré en mi despacho trabajando por un futuro mejor para todos nosotros, con la puerta abierta, como siempre. Sé que no estaré solo y os lo agradezco, de antemano”, remata Nóvoa a súa misiva.

Unha misiva que comezaba cun: “Queridos compañeros, desde el más absoluto respeto a los derechos de los trabajadores, considero mi deber expresaros mi profunda preocupación por las repercusiones negativas que para la empresa, para todos nosotros, en definitiva, puede tener la concentración de empleados del Grupo Correo Gallego, prevista para mañana, miércoles”.

Protesta “inoportuna” y “daniña”

Nesta carta, Rey Nóvoa considera “inoportuna” e “daniña” esa protesta na súa estratexia, di, de “buscar la liquidez que blinde nuestra viabilidad”. Unha viabilidade, di, que pasa “desde la creación de un Club de Inversores hasta cinco vías abiertas de negociación con empresarios, pasando por un plan de visitas para poner en valor la moderna sede del Grupo y nuestro trabajo ante lideres sociales y económicos de Santiago y Galicia”. Unhas vías que leva explorando desde hai meses sen que, ata o momento, teñan proliferado.

O director de El Correo destaca que a concentración é “un punto de inflexión peligroso, porque resquebraja la paz social que entre todos hemos mantenido a flote contra viento y marea en estos años de angustias, sacrificios y dolor, y porque convierte en papel mojado la hoja de ruta del diálogo”. 

“Por más vueltas que le doy, no entiendo cómo es posible que el comité de empresa no respete la mediación en marcha y, aún más grave, decline el ofrecimiento de diálogo que le reiteramos pocas horas después de la asamblea del lunes. Me parece, sinceramente, lo más parecido a una declaración de guerra con la que no todos saldremos perdiendo. Priorizar unilaterlamente la pancarta frente a la negociación es, ni más ni menos, elegir el castigo indiscriminado sin ganar nada a cambio. Os lo digo con franqueza y pesar”, asegura.

Unhas ameazas que fai cando, ata o momento, non teñen saído adiante ningunha das propostas prometidas; non hai inversores, as nóminas acumulase sen pagar e o ERE temporal continúa a pesar dos traballadores.  Ademais, no proceso de mediación iniciado, e segundo fontes consultadas, o propio Rey Nóvoa chegou a suxerir, cunha mediadora da Xunta diante, que os seus traballadores solicitaran un crédito aos bancos para facer fronte aos atrasos salariais “que logo xa serían cubertos polo xornal unha vez se atoparan inversores”. Unha postura que a propia mediadora rechazou de plano.

“Ver la luz al final del tunel”

E a pesar de todos estes antecendentes, o director de El Correo insiste na súa misiva en suliñar que esa protesta pode “propinar un doloroso golpe bajo” á imaxe do grupo “justo cuando comenzamos a ver la luz al final del tunel”. “Justo cuando hemos dado con éxitos el salto máis importante en nuestros casi 140 años de historia, justo cuando estrenamos una sede más que digna, justo cuando nos presentamos en sociedad con el especial más poderoso en años...”, engade en alusión a un recente suplemento no que o xornal tentaba sacar peito ante os seus lectores pola súa difícil situación.

Unha difícil situación que xa leva relatando Galicia Confidencial durante meses e da que posteriomente tamén se fixo eco La Voz de Galicia. Unha información que, segundo as fontes consultadas, “fixo moito dano” e motivou que El Correo contraatacara con outra información denunciando a mala situación económica de V Televisión. 

Precisamente, e segundo suliñan estas fontes, o temor de Rey Nóvoa é que os medios se poidan facer eco dos problemas e as penurias internas que padece a súa redacción, aínda que consida que o seu pior inimigo nestes momentos, La Voz, non informará disto "porque tamén eles tiveron protestas e saben o que hai". Unha situación que segundo teñen apuntado destacados xornalistas ten difícil solución por “moitas negociacións e busca de inversións” nas que estea inmerso a dirección do xornal.

CARTA DE REY NÓVOA

Queridos compañeros, desde el más absoluto respeto a los derechos de los trabajadores, considero mi deber expresaros mi profunda preocupación por las repercusiones negativas que para la empresa, para todos nosotros, en definitiva, puede tener la concentración de empleados del Grupo Correo Gallego, prevista para mañana, miércoles.

Considero la decisión de la asamblea no solo inoportuno, sino dañina para las acciones en marcha en busca de la liquidez que blinde nuestra viabilidad, que contemplan desde la creación de un Club de Inversores hasta cinco vías abiertas de negociación con empresarios, pasando por un plan de visitas para poner en valor la moderna sede del Grupo y nuestro trabajo ante lideres sociales y económicos de Santiago y Galicia.

La concentración del miércoles marca, además, un punto de inflexión peligroso, porque resquebraja la paz social que entre todos hemos mantenido a flote contra viento y marea en estos años de angustias, sacrificios y dolor, y porque convierte en papel mojado la hoja de ruta del diálogo. Por más vueltas que le doy, no entiendo cómo es posible que el comité de empresa no respete la mediación en marcha y, aún más grave, decline el ofrecimiento de diálogo que le reiteramos pocas horas después de la asamblea del lunes. Me parece, sinceramente, lo más parecido a una declaración de guerra con la que no todos saldremos perdiendo. Priorizar unilaterlamente la pancarta frente a la negociación es, ni más ni menos, elegir el castigo indiscriminado sin ganar nada a cambio. Os lo digo con franqueza y pesar.

Justo cuando hemos dado con éxitos el salto más importante en nuestros casi 140 años de historia, justo cuando estrenamos una sede más que digna, justo cuando nos presentamos en sociedad con el especial más poderoso en años, justo cuando comenzamos a ver la luz al final de un túnel sembrado de minas, esta acción puede propinar un doloroso golpe bajo a la imagen del Grupo Correo Gallego.

Ppor más vueltas que le doy, insisto, no consigo verle ni un solo beneficio a la concentración y si perjucios tan desastrosos como la huida de posibles inversores, espantados por la ruptura de la paz social, nuestro tesoro más preciado y herramienta imprescindible para conquistar un futuro de estabilidad y normalidad. Tampoco entiendo esa negativa al diálogo, esa cerrazón del comité de empresa a negociar un plazo de gracia. ¿Es razonable tirar todo por la borda después de años de sacrificios y cuando tenemos en marcha posiblidades concretas de inversión?.

Una última reflexión/pregunta: ¿le merece más crédito a la plantilla del Grupo Correo Gallego la insensata hoja de ruta de confrontación, alentada por una asesora sindical externa, que los años de entrega de todos nosotros para mantener a flote una empresa de la que viven 150 familias?.

Necesitaba abriros mi corazón y compartir con vosotros mis preocupaciones porque sé que caminamos hacia el mismo norte: la salvación de nuestro querido grupo de comunicación. Haced lo que os dicta vuestra conciencia y sabed que mañana, mientras algunos protestas, estaré en mi despacho trabajando por un futuro mejor para todos nosotros, con la puerta abierta, como siempre. Sé que no estaré solo y os lo agradezco, de antemano.

Recibid todos un fratenal abrazo

José Manuel Rey Nóvoa, director

Carta do director de El Correo Gallego que os traballadores atoparon na intranet do medio
Carta do director de El Correo Gallego que os traballadores atoparon na intranet do medio | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

11 galegoexiliado

"El Corero Gallego" debe ser declarado Patimonio Nacional, Ben de Interés Cultural e Patrimonio da Humanidade. Como resto arqueolóxico, fosil vivente da Prensa del Movimiento debe ser protexido e financiado polo Estado, e non so pola Junta de Galicia. Os seus traballadores deben ser financiados a cargo de Patrimonio e ser considerados funcionarios e nalguns casos nomeados duqueses e condeses como pago aos seus servicios a prol da democracia orgánica e o mantimento do régimen. Pero claro, estamos gobernados por bolivarianos e así lle vai á prensa libre. O próximo domingo todos á rua baixo o lema "POR UNA PRENSA LIBRE, SALVEMOS EL CORREO GALLEGO". Ay, si Paco levantara la cabeza....

10 Regalosdelahostia

Non lle desexo ningún mal ós traballadores do Correo, pero son cómplices da LAMENTABLE E PENOSA liña informativa do xornal. Non ten credibilidade, é soez e macarra co Alcalde e con Compostela aberta ... e só sabe LAMBERLLE O CÚ Ó PP. Así como o vai apreciar a xente ??

1 David

Os traballadores non son cómplices da liña editorial. Teñen xefes de redacción que deciden por eles coma en cuasequer empresa. A marxe que teñen para expresar o que pensen non está na súa autonomía. Os xornais organízanse por seccións e a cada quen tócalle contar a nova que sexa de entre as que xa che digo, eles, non acceden á de política municipal. Iso é cousa de Demetrio, subdirector. Son eses subdirectores e Rey Novoa os que escreben eses titulares, esas editoriais. Coñezo á maior parte deles e xa dabondo teñen coma para desprezalos con iso de que son cómplices.

9 kas

señor Paco claro que los trabajadores luchan en silencio porque estan acojonados,pero si usted esta de acuerdo con esta situación que sean todos unos sumisos por miedo es triste.De todas formas puede colaborar con las familias que si luchan por poder dar de comer a sus hijos, pagar recibos y poder pagar la hipoteca.Algo que también me indigna es no poder identificarme por miedo a las represalias.

1 El verdadero Paco

Nunca fui amigo de escribir o dar mi opinión por medio de estas redes sociales bajo un pseudonimo, cosa que respeto ya que el miedo o verguenza, si la hay, son malas consejeras. Trabajo el El Correo y quien tenga que decirme algo estoy a su entera disposición para escuchar y poder dar mi opinión. Es muy fácil escribir algo bajo un nombre ficticio, ahora, también os digo que YO tengo memoria histórica y , creo que muchos trabajadores del Correo la han perdido. Mirar de donde venís, dijo un argentino y te diré donde acabaras.

8 kas

Es muy duro levantarse todos los días e ir a trabajar sin cobrar durante meses.Puedo decir esto porque me toca muy cerca y ver a alguien de tu entorno que no puede pagar la hipoteca que les llegan recibos del banco y van de vuelta que cuentan las monedas para poder ir al supermercado etc etc.Tanto prestigio que tiene EL CORREO GALLEGO y tiene a sus trabajadores así es una vergüenza.Lo que mas me indigna es que el señor JOSE MANUEL REY NOVOA director de este periódico no se ponga en la situación por la que estan pasando sus trabajadores parece que tiene un antifaz puesto.Señor director abra los ojos de una vez y solucione los problemas porque no solo lo sufren los que trabajan allí sino que también sus familias, por si nos da cuenta esta hundiendo a mucha mas gente de la que cree.Queremos una solución ya y para eso empiece a pagar las nominas atrasadas y después podrá escribir una carta y no ahora dada la situación.

7 Paco

Que El Correo Gallego estuviese muerto es lo que queréis gran parte de los que escribís esta web,por suerte,el Correo Gallego está muy vivo.Gracias a la lucha de todos los trabajadores,que en silencio luchan cada día por su periódico,podemos decir que hay correo gallego por muchos años

1 Opinador

Como supoño que Paco serás o mesmo que Traballador, contestovos aos dous: 1-Non son do GC nin de cerca. 2-Realmente vivo ou morto ao El Correo Gallego non lle desexo a morte, nin mal para os seus traballadores, simplemente non creo no que publica e non o teño en conta nin o leo diariamente. 3- Pero o que si creo é que cando os seus traballadores loitan en silencio si que che parece ben e en canto falan e se manifestan porque están ata as narices de ser eles os que empuxen coas cargas da empresa xa non se entende e considerase dañino... ¿non si?

2 Jalileo

Que % de trabajadores se manifestaron? Menos de la mitad sin duda,saben los problemas de la empresa,saben de los errores de la dirección,pero también saben que la mejoría de la empresa peligra con actos asì

3 alfa

Paco deixa de limparlle o cu o director, menudo plumero tes ajjajja

4 Kas

Estoy de acuerdo contigo Paco,claro que luchan llendo a trabajar y sin cobrar eso sí que es una lucha.pero el dinero hace falta por muy triste que parezca,y los recibos vienen todos los meses y la gente tiene que comer.