LUGO | 27/02/2017 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS
Unha muller embarazada resultou ferida nun accidente de tractor rexistrado na tarde deste luns en Outeiro de Rei (Lugo).
Segundo informou o centro de atención a emerxencias do 112 Galicia, a vítima foi trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.
O sinistro tivo lugar nunha leira de Silvarrei e foi un particular o que alertou ao 112 ao redor das 16,30 horas.
A central de emerxencias trasladou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.