Temas: DROGA BURUNDANGA

A Policía investiga posible violación a unha menor mediante burundanga

Tras saír de festa, unha rapaza de 17 anos apareceu pola mañá noutro lugar. Asegura ter lagoas de memoria pero lembrar que estivo tombada nun campo boa parte da noite.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 02/03/2017 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón tratan de esclarecer a violación dunha moza menor de idade, de 17 anos, supostamente sucedida na madrugada do pasado domingo, 26 de febreiro, na zona de Freixeiro, en Narón (A Coruña).

Burundanga
Burundanga | Fonte: sergejf Flickr

Supostamente, a moza puido ser drogada con burundanga, nome co que se coñece popularmente a escopolamina, unha sustancia que anula a vontade, produce desinhibición e crea amnesia, pero non se descarta a utilización doutro tipo de sustancia, segundo a información facilitada a Europa Press.

VERSIÓN DOS AMIGOS

A Comisaria ferrolá está á espera de recibir os resultados das análises que lle practicaron á moza horas máis tarde do suceso para esclarecer se no seu organismo existían restos desta ou doutras sustancias.

Fontes consultadas trasladaron que os testemuños de varios amigos da moza constataron que a súa actitude non foi "a habitual nela, pola súa forma de actuar" e estiman que "algo lle deberon de botar na bebida".

A moza saíra na noite do sábado cun grupo de amigos e, tras visitar varios locais de copas, pedira unha bebida nun establecemento público de Freixeiro, tras o que se dirixiu ao baño e despois tomou a consumición que solicitara minutos antes.

LUGAR INDETERMINADO

É a partir de aí cando a moza asegura ter "lagoas" e desaparece do lugar no que estaba cos seus amigos, ata estar ilocalizable desde as 9,00 a 13,15 horas do domingo.

A moza foi atopada noutra zona urbana do municipio de Narón, a varios quilómetros do lugar no que estaba o seu grupo. Segundo manifestou "ten idea" de estar "boa parte tombada nun campo" dun lugar indeterminado e recoñeceu ter "lagoas de memoria".

Temas: DROGA BURUNDANGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta