SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2017 | Actualizada ás 11:52 por EUROPA PRESS
A Secretaría Xeral de Polítia Lingüística convoca cursos preparatorios para probas do Celga --que acreditan o coñecemento do idioma galego-- nun total de 29 municipios para os niveis 2,3 e 4; mentres que para o 1 --elemental-- haberá dous cursos en liña.
Esta convocatoria foi publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), de forma que os prazos para solicitar os cursos terminan o 28 de marzo para os presenciais e o 23 de marzo para a formación en liña. As probas de acreditación terán lugar no mes de xuño.
Haberá seis cursos de Celga 2 en: Noia, Ordes, Sarria, Xinzo de Limia e Valga. Para o Celga 3 serán unha ducia de cursos en: Cee, A Coruña, Culleredo, Melide, Pontedeume, Monforte, Vilalba, Viveiro, O Barco de Valdeorras, Cambados, Moaña e Tui.
Pola súa banda, tamén haberá unha ducia de cursos para conseguir o Celga 4 en: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ribadeo, O Carballiño, Ourense, Ribadavia, Verín, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Os cursos preparatorios por teleformación do Celga 1 pódense realizar desde calquera punto de Galicia, así como desde fóra da Comunidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.