“Se Feijóo quere subvencionar a Red Madre, que o faga cos seus propios cartos”

As Xuventudes Socialistas de Galicia saen ao paso da información publicada por GC e critican as subvencións outorgadas pola Xunta a esta asociación ultraconservadora, que ascenden a case 400.000 euros nos últimos anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/03/2017 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron ao paso da información publicada por Galicia Confidencial en relación ás que cualifican como "escandalosas subvencións públicas" recibidas pola asociación Red Madre, cuxo "único cometido", din, "é atacar o dereito recoñecido das mulleres a decidir sobre o seu corpo". Ademais, aconsellaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "se quere subvencionar a Red Madre, que o faga cos seus propios cartos e non cos dos galegos e galegas". 

Aitor Bouza, secretario xeral de Xuventudes Socialistas
Aitor Bouza, secretario xeral de Xuventudes Socialistas

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou que “este é o feminismo sen etiquetas do que fachendea tanto o señor Feijóo: subvencionar e manter con fondos públicos asociacións que van en contra do dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, así como a colexios que segregan ao alumnado por sexo”.

Bouza lamentou que a Xunta subvencione estas asociacións que "no fondo non son máis que o mesmo que Hazte Oír, pero na aparencia tentan parecer máis moderadiñas". "Ao fin e ao cabo", engadiu, "non é máis que a subvención da súa propia ideoloxía, xa que hai que lembrar que o Partido Popular de Galicia con Feijóo á cabeza votou sempre no Parlamento en contra do dereito das mulleres a decidir, aínda que o presidente da Xunta logo fose polos platós televisivos dicindo o contrario para ir de progre", lembra.

Pola súa banda, a secretaria de igualdade, Vanesa Siso, declarou que “o goberno do PP de Galicia espalla subsidiariamente a súa ideoloxía conservadora subvencionando con cartos públicos unha asociación que se cre co dereito de querer decidir sobre o corpo das mulleres. O moderado Feijóo dá leccións de feminismo ante os medios ao tempo que coarta a liberdade das mulleres, como fixo no seu día Gallardón.”

Siso manifestou que “apelando á liberdade de expresión menoscaban os dereitos das mulleres". "Non todo vale, e con estes actos demostran cal é a verdadeira cara de quen nos goberna en Galicia, un partido que emprega os cartos de todos para a segregación escolar por sexos, o fomento da súa ideoloxía conservadora, en esquecer por completo que a igualdade si precisa de recursos públicos, e non só de verborrea parlamentaria para tentar enganar aos cidadáns e cidadás", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 bzpp

O Aitorciño este empezou a traballar si ou segue a chupar do teto? Que as xuventudes socialistas falen de subvencións.... jajajaj

3 Berros

Menudo cabestro. Un auténtico exemplo de dictador socialista tipo Kim Jong-un.

2 anonimo

O feminismo do psoe e da nova política está nos striptease de Alcalá de Henares. Non cola agora. Volvédeo intentar anda. Red Madre son voceiras do opus e lle blanquean subvencións para os corvos. En Alcalá denígrase ás mulleres, ofrecéndolles un boy para as funcionarias, que colleron a súa dignidade e marcharon desa festa.

1 eusi

Estas "amas de casa" reconvertidas a salva-vidas fan cursos de ganchillo para "redimir" as pecadoras, xustifican catro facturas e o resto dos millóns van para os luxos de Roucos e lambóns da curia ultra-católica e neo-fascista que corcome os nosos orzamentos. PPodres ao PParo!