Case todo o país segue en alerta, aínda que houbo poucas incidencias

A presenza dunha masa de aire ártico marítimo deixará unha cota de neve nos 500 metros con chuvascos máis frecuentes nas primeiras horas. Esta noite non houbo grandes accidentes, pero si moita neve en municipios como Lalín.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/03/2017 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Un total de 12 provincias estarán este xoves en risco por neve e ondada nunha xornada con nevadas no noroeste peninsular e Pireneos, acompañada dun descenso notable das temperaturas no centro do país e intervalos de vento forte no litoral de Galicia e Cantábrico, Alborán e Canarias, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Unha muller camiña polas rúas nevadas de Teruel
Unha muller camiña polas rúas nevadas de Teruel | Fonte: Europa Press

En concreto, A Coruña estará en risco importante (laranxa) por fenómenos costeiros que descenderá a amarelo en Cantabria, Asturias, Almería, Lugo e Pontevedra. Por neve, estarán en risco importante A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que será amarelo en Navarra, Asturias, Lleida, Zamora, León e Huesca.

En Galicia a nevarada non foi tan problemática como se prevía. Así, houbo unhas 50 incidencias relacionadas co temporal de neve entre as 12:00 horas de onte e as 7:00 horas desta mañá, informa a Axencia Galega de Emerxencias Avisos de neve en estradas (35) e placas de xeo na calzada (8) foron o máis habitual. Non houbo alertas de grave consideración.

Por provincias, a de Pontevedra foi a máis afectada (20 incidencias) na Coruña  12, Ourense e Lugo 9 e 5, respectivamente. Por municipios, o número de incidentes de Lalín foi importante,  4 alertas. En Melide foron xestionadas 2 e en Parada de Sil, outras tantas. Noutros moitos concellos, como Guitiriz, O Corgo, A Estrada, A Cañiza ou Mañón, foi atendida unha única alerta por municipio. 

Previsión en Galicia

Meteogalicia prevé para este  xoves, 23 de marzo de 2017 chuvascos intermitentes que serán de neve por riba dos 400 metros durante a mañá subindo a cota ata os 700 metros durante a tarde; virán localmente acompañados de sarabia e ocasionalmente con aparato eléctrico. As temperaturas continuarán a ser moi baixas para a época do ano, con descenso moderado das mínimas e formación de xeadas

Neve nas rúas da Coruña
Neve nas rúas da Coruña | Fonte: @mysandcastle0

Previsión no Estado

Este mércores, haberá nubosidade abundante con precipitacións, ocasionalmente treboentas, no extremo noroeste peninsular, que durante a mañá iranse estendendo ao Cantábrico Occidental e noroeste de Castela e León e poderán ser localmente persistentes no litoral galego.

Durante o día afectarán tamén a Pireneos, ambas as mesetas e, de forma máis dispersa a outras zonas da vertente atlántica e nordés peninsular. Na área mediterránea, serán pouco probables, excepto en Cataluña, onde non se descartan algúns chuvascos e treboadas.

As precipitacións serán en forma de neve con cotas ao redor de 600 e 1.000 metros baixando a 300/600 metros na Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e alto Ebro; no oeste do Sistema Ibérico e de Pireneos, entre os 1.000 e 1.200 metros baixando ata 700/1.000 metros, e no resto de zonas de montaña, baixando a 1.200/1.400 metros. En Canarias, ceos nubrados no norte con probables precipitacións en illas de maior relevo, e intervalos anubrados no sur.

Haberá posibles néboas matinais no litoral catalán e Baleares, e as temperaturas irán en descenso no extremo noroccidental e interior peninsular, que será máis acusado as máximas e notable no centro, con xeadas na metade norte máis intensas en zonas de montaña do extremo norte.

Os ventos serán de compoñente oeste sobre a Península, sendo noroeste rolando a suroeste e sur en Empordán, Baleares e zonas do litoral mediterráneo; alisios en Canarias, con intervalos de intensidade forte na Cordilleira Cantábrica e litorais galego, cantábrico, Estreito, Alborán e Canarias.

Alertas de Meteogalicia para este xoves
Alertas de Meteogalicia para este xoves
Predicións para o xoves 23 de marzo en Galicia.
Predicións para o xoves 23 de marzo en Galicia.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta