Na procura da dignidade perdida

"Só buscamos dignidade". Quen así fala é María Rodiño, traballadora despedida do Seaga quen, desde hai meses, e co apoio dos case 2.300 traballadores despedidos desde a chegada do novo goberno, buscan solucións e respostas a súa situación.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/01/2010 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, Seaga, foi creada en 2006 pola Consellería do Medio Rural, entón dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal. Precisamente, este pasado é o que esgrimen as novas autoridades da Xunta para desfacerse dela. "É un chiringuito do bipartito do que nós non somos responsables, nin nos interesa", díxolles en xuño pasado o secretario xeral da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán. E desde entón non volveron saber máis nada da Xunta. As únicas informacións que chegan da consellería son en forma de cartas de despido.

O Seaga é unha sociedade pública da Xunta para a realización de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.

Só 200 traballadores

Desde a súa creación, o Seaga chegou a ter preto de 2.500 traballadores,dos que na actualidade só quedan 200. A maior parte deles, máis de 1.200 foron despedidos ao longo deste inverno. "Sen ningunha explicación. Chegaba a carta e fora", apunta María Rodiño. Moitos dos traballadores foron aos tribunais e a xustiza deulles a razón."Son despidos improcedentes e en moitos casos apostase pola reincorporación. O problema é que non sabemos onde reincorporarnos", aclara.

Os 200 traballadores que quedan son, principalmente, veterinarios e operadores-codificadores do centro de Información do Agro Galego, que se encargan de tramitar diferentes permisos, como os de tala ou queima. "E ata se están reducindo estes servizos ao mínimo". E é que a Xunta quere pechar definitivamente o Seaga o 31 de marzo, que é cando remata a encomenda, e entregarlle as chaves desta empresa a entidades privadas.

Actos simbólicos

"O PP non atende, a Xunta non responde e aquí ninguén nos dá unha explicación", di María. Por iso, a única vía que lles queda, ademáis da xudicial, é a parlamentaria. Acudiron ao BNG e ao PSOE para que sexan estes partidos os que lle pidan as explicacións oportunas ao Goberno na Cámara. "A ver se así responden".

E para que a súa "dignade" tampouco sexa esquencida comezaron a realizar mobilizacións simbólicas como a deste xoves en Santiago co peche simbólico da Porta Santa. "Só queremos que a Xunta nos reciba, non pedimos máis", asegura María.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Portuguesa

Sr. Berberius ,non sei si seria o caso dalgún , iso da porta da atras , eu dende logo tiven que facer unhas probas nunha Academia de Compostela para poder estar nunhas listas de contratación . E non pretendo ser nin laboral da Xunta nin Funcionario o único que pretendo é ter un mínimo de estabilidade laboral e saber que vaí pasar co meu futuro. O das Oposicións deixamolo para a ralea de enchufados do PP que entraron no ano 2002 mediante un proceso de consolidación vergoñento , no que non se pidia nin titulación, claro eran outros tempos , só entraban os do RH= PePeiro ou os de Corrupcións Obreiras.

3 Berberius

Estes e estas da Seaga sonche uns listos que pretenden ser funcionarios, ou laborais fixos, sen facer unas oposicións, senón mediante a pura contratación dixital. Que aprendan a entrar pola porta principal como todo o mundo, e non pola de atrás da man dos seus padriños.

2 Trompicalleiro

Feijóo, ,Atán, Xan Bautista e CCOO vendidos , reparten o as encomendas dunha Empresa Pública Galega aos seus amigos "EMPRESAS PRIVADAS " para seguir como facian antes negocio co Medio Rural Galego.

1 Portuguesa

Importalle pouco a Feijóo a dignidade dos traballadores/as Galegos ,só ven demostrando nos meses que leva ao frente do Governo Galego , non nomeu nin el nin o Sr. Secretario Xeral un interlocutor válido para recibir aos lexitimos representastes dos traballadores ,os Comités Provinciais, será isto o que entende o sr, Feijóo por Democracia , non recibilos para expoñerlles o futuro da Empresa, algo ao que pola súa condición teñen dereito , eso si xa empezamos cas externalizacións das encomendas , para os sres . amigos do Partido ,21 Encomendas en concreto , coño para isto si que se derón prisa , haí que repartir o PASTEL E PAGAR OS FAVORES .