Buscan por terra e mar a unha muller de Sanxenxo (Pontevedra) tras ser localizado o seu vehículo preto de Punta Faxilda

Efectivos coordinados pola Garda Civil buscan por terra e mar a unha muller de 44 anos veciña de Noalla, municipio de Sanxenxo (Pontevedra), desaparecida desde o domingo pola mañá.

PONTEVEDRA | 03/04/2017 | Actualizada ás 12:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos coordinados pola Garda Civil buscan por terra e mar a unha muller de 44 anos veciña de Noalla, municipio de Sanxenxo (Pontevedra), desaparecida desde o domingo pola mañá.

Así o indicaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que concretaron que a muller falta do seu domicilio desde a mañá do domingo e sinalaron que o seu vehículo foi achado na zona de Punta Faxilda.

En concreto, por terra foron mobilizados efectivos de Seguridade Cidadá do posto da Benemérita de Sanxenxo; mentres que por mar colaboran mergulladores da Garda Civil (GEAS) e do Servizo Marítimo. Ademais, estaba previsto que se unise o helicóptero 'Cuco' do Instituto Armado.

O operativo de rastrexo céntrase na zona na que foi localizado o vehículo da muller desaparecida.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta