A Xunta acordará o proxecto do abrigo na Mosqueira, en Moaña (Pontevedra), que recibirá nos próximos días

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou o compromiso do departamento autonómico de acordar a proposta de mellora de abrigo no peirao da Mosqueira, na localidade pontevedresa de Moaña, cuxo proxecto básico recibirá nos próximos días.

VIGO | 03/04/2017 | Actualizada ás 19:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou o compromiso do departamento autonómico de acordar a proposta de mellora de abrigo no peirao da Mosqueira, na localidade pontevedresa de Moaña, cuxo proxecto básico recibirá nos próximos días.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Moaña (Pontevedra)
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Moaña (Pontevedra) | Fonte: Europa Press

Durante unha visita á localidade, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, Quintana explicou que, unha vez que a empresa elabore o proxecto básico, os técnicos revisarano e estudarán alternativas como ampliar o dique ou instalar pantaláns na zona interior.

Así as cousas, manifestou que a actuación proposta para mellorar o abrigo e dar resposta á demanda histórica do sector, retoma e revisa o proxecto iniciado fai tres anos que tivo que ser paralizado por motivos técnicos, e consiste en construír un novo dique e un novo peirao mexilloneiro exterior.

Ademais, a execución divídese en dúas fases, unha primeira para o dragado da zona afectada e a construción do novo dique, que remataría no prazo dun ano; e a segunda, para facer un peirao para embarcacións mexilloneiras, que acabaría en nove meses. No entanto, Quintana indicou que a tramitación previa será "complexa e longa" e poderase prolongar máis que a execución.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta