Por Xurxo Salgado | Lalín | 13/02/2010 | Actualizada ás 11:25
Nunha conversa con GC, este destacado militante popular de Lalín quere deixar moi claro que, a pesar da súa incorporación no Instituto Galego de Estudios Europeos e Autonómicos (Igea), manterase "absolutamente fiel" ao PPdeG. "O meu proxecto segue sendo o do Partido Popular", asegura. E para que quede claro bota man dos sentimentos; "prometinlle ao meu pai en vida, cando estaba cabreado con algunhas cousas, que me ía manter fiel ao partido e así será, cando menso, agora".
"Eu quero impulsar o galeguismo en Galicia", asegura Cuiña para explicar o seu ingreso neste organismo que segundo el "non ten ningún carácter político". Así, compara a súa presencia neste órgano coa de outros dirixentes políticos como Miguel Barros, histórico dirixente socialista en Vigo e conselleiro delegado de A Nosa Terra, hoxe afastado da política. "No Igea hai diferentes persoas de diferentes terreos políticos", apunta.
"Facer país"
Con todo, é consciente que a súa incorporación ao que algúns coñecen como o "chiringuito" de Quintana pode non ser ben entendido. Por iso aclara que quere axudar a "construir país" e suliña que se se lle tivera plantexado como un proxecto do BNG "non entraría".
"Plantexoumo Anxo Quintana, a quen llo agradezo, e me dixo que é un grupo de pensamento galeguista e non só do BNG. A min interesoume porque trátase de facer país e decidín entrar sempre e cando quede claro que istonon é algo político", insiste.
"Pero sabe que isto vai ser interpretado en clave política?", insistimos. "Quen faga iso o fai por descoñecemento", resposta e repite que no Igea hai xente do PSOE, como Miguel Barros ou Daniel Barata, do Consello de Contas de Galicia. "Somos diferentes persoas de diferentes terreos políticos". E volve insistir que o seu proxecto político está no PPdeG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.