SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2017 | Actualizada ás 22:13 por EUROPA PRESS
A cooperativa láctea Clun, que integra a Feiraco, Irmandiños e Melisanto, incorporouse a Iberleche para achegar as marcas lácteas da distribución, co obxectivo de "responder as necesidades de dimensión, calidade e servizo que require a moderna distribución e demandan os consumidores", segundo informou Iberleche a través dunha nota de prensa.
Iberleche é unha compañía distribuidora que busca un valor diferencial mediante unha variedade completa en todas as categorías lácteas -leite, iogures, nata, manteiga, queixos- cos criterios de calidade de produtos e excelencia de servizos do tres grandes compañías que forman parte do seu accionariado.
Cunha capacidade de máis de 2.400 millóns de litros anuais, Iberleche afirma que dá así "un paso máis no cumprimento dos obxectivos de xerar valor para os gandeiros e responder os cambios da distribución comercial e do consumo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.