Baiona abre o prazo para participar no V edición do 'Bai de Tapas', que se celebrará do 11 de maio ao 4 de xuño

O Concello de Baiona (Pontevedra) abriu ata o próximo 19 de abril o prazo para que os establecementos interesados rexistren as súas solicitudes para participar na sexta edición do concurso 'Bai de Tapas', que se celebrará na vila pontevedresa entre o 11 de maio e o 4 de xuño.

VIGO | 10/04/2017 | Actualizada ás 19:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Concello de Baiona (Pontevedra) abriu ata o próximo 19 de abril o prazo para que os establecementos interesados rexistren as súas solicitudes para participar na sexta edición do concurso 'Bai de Tapas', que se celebrará na vila pontevedresa entre o 11 de maio e o 4 de xuño.

O concurso, organizado pola Concellaría de Turismo en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), ten como fin "impulsar o turismo enogastronómico na vila", e está aberto á participación de todos os establecementos de hostalaría e restauración do termo municipal, que poderán presentar ata 3 tapas cada un.

De entre todas as receitas será galardoada co premio á 'Mellor Tapa' a que reciba a mellor puntuación por parte do público. Así, os usuarios deberán valorar do 1 ao 10 as tapas de, como mínimo, o 30 por cento dos locais participantes; e posteriormente --para optar a distintos premios-- deberán deixar as súas votacións e datos persoais nas urnas habilitadas para tal fin.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta