Fiscal pide 12 anos de cárcere para un acusado por facerse pasar polo seu excuñado e simular ser empresario

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un procesado en Santiago por facerse pasar polo seu excuñado para realizar diversos contratos e simular ser un empresario da construción para cobrar por traballos que non chegou a realizar e contratar persoas ás que tampouco abonou os seus servizos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2017 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un procesado en Santiago por facerse pasar polo seu excuñado para realizar diversos contratos e simular ser un empresario da construción para cobrar por traballos que non chegou a realizar e contratar persoas ás que tampouco abonou os seus servizos.

O xuízo por usurpación de estado civil, falsidade documental, estafa, apropiación indebida e contra os dereitos dos traballadores foi fixado para os días 19 e 20 de abril ás 9,30 horas na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago de Compostela.

Ademais dos 12 anos de cárcere, a Fiscalía solicita no marco desta causa, que procede do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago, o pago dunha multa e que indemnice aos prexudicados en algo máis de 150.000 euros.

Segundo o escrito de cualificación do Ministerio Público, recollido por Europa Press, o acusado, M.L.R., con antecedentes penais, "fíxose pasar repetidamente" por un home que estivera casado coa súa irmá e, con esa identidade, "subscribiu toda unha serie de contratos, realizou xestións ante organismos públicos e asumiu obrigacións, ofrecendo a identidade de quen non era".

A Fiscalía sinala que o acusado "se valía de que os dous son asturianos, os dous chámanse M., coñecíao persoalmente --por estar casado coa súa irmá--, tiñan parecido físico e tiña no seu poder o DNI de M. --que este extraviara--".

RECLAMACIÓNS

O 26 de maio de 2011 o acusado co DNI do seu excuñado "e facéndose pasar por el", constituíu a sociedade R.R.e F. de Galicia S.L., da que quedou como administrador único.

Deste xeito, entre outras actuacións delituosas, subscribiu contratos de arrendamento de vivendas e de liñas de telefonía coa identidade da súa excuñado. Ademais, en outubro de 2011 presentou no Concello do Grove (Pontevedra) unha solicitude de licenza urbanística "que asinou facéndose pasar por M. (o seu excuñado) como representante da mesma".

O Ministerio Fiscal destaca que "o verdadeiro señor M. viuse envolvido en múltiples reclamacións" como consecuencia deses feitos e, segundo agrega, "incoáronse diversos procedementos xudiciais civís e sociais nos que tivo que intervir como demandado".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta