Cambios no goberno de Santiago de Compostela

O acalde defende o modelo cultural do seu goberno e descarta pronunciarse sobre se planea volver presentarse á alcaldía en 2019. Con todo, confirma que haberá modificacións coincidindo coa metade da lexislatura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2017 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, avanzou que prepara "unha serie de axustes" no goberno local da capital galega, aínda que descartou que se vaia a producir un "cambio de caras" senón que a remodelación consistirá en "axustes de repartición de áreas e cargas de traballo" para encarar a segunda parte do mandato "con ánimos renovados".

Martiño Noriega
Martiño Noriega

Así o indicou este venres a preguntas dos medios en Santiago, onde o rexedor indicou que está "absolutamente satisfeito" co seu equipo de goberno pero que é preciso unha "redefinición das áreas" cando se van a cumprir dous anos da vitoria nas municipais de maio de 2015.

Unha renovación na que Noriega leva "meses dándolle unha volta". "Xa dixen en nadal que a mediados de lexislatura faría falta facer unha serie de axustes no goberno para encarar a segunda parte", apostilou.

CANDIDATO EN 2019

A preguntas dos medios, o primeiro edil de Santiago evitou pronunciarse sobre se ten intención de presentarse á reelección nas municipais de 2019. "Estou centrado no día a día", remarcou.

E é que o pasado xoves o portavoz popular, Agustín Hernández, indicou que está disposto a volver optar á alcaldía de Santiago nas eleccións de dentro de dous anos.

"Xa competín con el e xa lle gañei", espetou Martiño Noriega, quen ironizou con que "un adestrador de fútbol" recomendoulle "non coller moitos metros de corrido" porque podes "chegar canso" á hora de golpear o balón. Por tanto, insistiu en que "chegado o seu momento" tomará "unha decisión".

Así, defendeu que está "centrado no día a día" do Concello de Santiago e que "mentiría" se dixese que ten "unha decisión pensada para unhas eleccións para as que faltan dous anos". "Con esta carga de traballo non se pode anticipar; salvo aqueles que teñen tempo para pensar nisto", manifestou.

XESTIÓN CULTURAL

Por outra banda, en referencia ás críticas de Agustín Hernández pola xestión cultural do goberno santiagués, Noriega mostrou o seu "respecto" cara ás palabras do popular, pero convidou a "tirar de hemeroteca" e repasar "a data de presentación" da programación das festas da Ascensión durante o goberno do PP.

"Estráñame que o señor Agustín Hernández pídalle a Compostela Aberta o que non se pedía a se mesmo. Supoño que parte do seu convencemento de que nós podemos facelo mellor e aí si que lle dou a razón", expresou, para logo insistir en que as Festas da Ascensión serán presentadas "en tempo".

Deste xeito, defendeu o modelo de xestión cultural do seu goberno, á vez que avanzou que o consistorio está "a pechar o proceso" para nomear a un novo xerente do Auditorio de Galicia que será anunciado "en breves".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 xacobe

Pobriño, quédanlle dous telexornais

1 anonimo

Se te refires ó calvo pequeno, por suposto. Beiras acaba de botalo ós leóns do Consello das Mareas para desaparecer inmediatamente despois. Este trae experiencia de goberno. Se se montan unhas primarias de verdade e non o paripé que lle fixeron ó pequeno, sairá lexitimado. E con máis posibilidades. Pero como non é moi bulleiro e non berra, pode que non lle guste a ese sector do activismo social que levan pegado nunha man o megàfono e noutra a pancarta e que non saben facer outra cousa. Eu votaríalle se for candidato. Ó pequeno non lle votei, bueno, botei a papeleta, pero cuns debuxiños que anularon o voto.

2 xacobe

Que queres que che diga, a min os tránsfugas.....

4 Garcia de Paredes

Este GC estase voltando insoportable! Desde a liña editorial procurando polemica esteril para atizar o lume e aumentar fanatizados comentarios. Asi interpretamos ao(s) neofascista(s) como Bufff, Nostrus, Victor... Os troleiros de partida, a soldo, mantidos, non faltan. Son o caso (plural non, un multinick) de Comunista Independentista ou LKI. E da outra banda responde Kollontai Luguesa e Balbino. O caso do tolomancio das *vieiras o despilfarro vai de sobra. O dito, un noxo insopotable! E ainda han pensar que contribuen a captar lectores inocentes!

1 Kollontai luguesa

A min non me metas que eu non son de ningun partido. Abre a mente porque non todo o mundo encaixa nas limitadisimas caixiñas ideoloxicas que alguns tedes na cabeza. Eu son unha loitadora en contra da desideoloxizacion e do seitarismo que alguns espallaron. Asi que busca argumentos para rebater non simplismos. Non semella que despois de ler o teu comentario ti sexas o mais indicado para dar leccions a ninguen.

2 Garcia de Paredes

Kollontai, que te coñecemos (antes Nefelibata, verdade?), supuras odio contra os mareados de Podemos. Non es neutral, a pouco que te pinchen explotas para defender o BNG sistemico. E xa non falemos de interpretar a historia desde unha optica españolista: lembramos a tua orgullosa defensa da loita contra o frances dos teus ancestros (cando os progresistas daquela eran afrancesados). Non aturades a critica, nacestes para servir! En fin, orientate, se queres, e vai pola sombra...

3 Kollontai luguesa

Se a caravana anda os cans ladran. Eu non son do bloque inda que os defenda porque coma Groucho Marx nunca entraria nun club no que me admitisen. A ver se entendes a ironia porque os que andades a cualificar aos demais dende o simplismo e o populismo ninista non soedes usar moito a ironia e menos a autonomia. Considerades que estades mais ala do ben e do mal... E sodes de cabreo rapido a maioria.

4 Kollontai luguesa

Queria escribir autoironia inda que o de autonomia tamen e acaido porque vos andades ao paso que vos marquen en Madrid.

5 (b)loquito

O Kollona Bloqueira é un deses trolls upegallos máis falsos que un billete do monopoly que é da mesma xinia dos que se fan chamar "Ex-votante de las Mareas de Podemos", antes chamados "Ex-votante de AGE" e cousas polo estilo.

3 comunista independentista

O día da marmota dos trolls a soldo do Bloque...

1 Kollontai luguesa

Si e aburrido. Contanos algo divertido ti sobre tramas e buses, porque ti evidentemente non es un troll...Ohhh

2 Kollontai luguesa

Peliculeros son mais os que ti aparentas defender...Castas, tramas, lideres en revistas de moda... A verdade e que o tema xa non da para mais... A min ultimamente dame mais para rir que para chorar e...Que pases unha boa fin de semana... Se non che toca traballar claro.

3 Procesiones

Que pesado o efepegallo. A remodelación vai funcionar e Manolo Dios vai gobernar como diós e os asesores van asesorar moi ben e Cidadanía de Externalizacións pero Digo que Municipalizo vai mellorar moitísimo xa o veredes.

4 Kollontai luguesa

Non hai dúbida. E deixo coma idea revitalizar as procesións... Ai, non párate, que isto non toca neste concello rebelde... E noutro. E o que ten ter varios discursos ad hoc non xa só en cada comunidade autónoma/nacionalidade histórica ou coma queirades, senón en cada cidade rebelde... Ai, como mola la chachiguaypandi de la progresía caviar.

5 celturria

estalles a tremer o cu... o podreiros esta pedindo moito... agora incluso saen caso de corrupción en mandriles ... podreiros e insaciabel... o vello esta de gran invernia.... esta xa totalmente conxeado, esta abotargado xa non o desperta nin o alco.ol ... e triste ver o frijoles e a este facendo campaña electoral están todos de elección pero creo que faltan dous anos polo menos... non gobernan e todo espectáculo farsa, frijoles no astrolabio portuario de courños e o golfiño merendiño en santiAGES... a podredume de expañol e infecta, o frijoles falando eu que sei, de honraded e muito para un amigo do narqueo ... as cousas melloraran cando sexan suprimidos os partidos expañolentos, cando estemos fora de expaña, non esperedes nada bo dos expañois, votar en expañol e darlle un futuro negro a Galia, UNS METEN GUAPERAS PP E OUTROS PODREIROS O AGE, pero e todo mentira e todo un.ha farsa... os que gobernan son frijoles e Waldo das jons

6 Kollona é Kollón

Vés Kollona Luguesa como és un trol que se quere facer pasar por neutral para pontificar e moralizar, pero finalmente o teu fanatismo bloqueiro sempre te acaba por delatar?

7 Kollontai luguesa

Troll, trolliño saes do teu buraquiño para trollear, trailara-ra.

2 Calvo sen pucha

Van seguir sendo igual de inútiles que van facer agora empezar a traballar xa para o que queda???

1 martinho transfuginho

Tránsfuga monta partido, etc, fin.