O exalcalde de Negreira Jorge Tuñas será xulgado este luns acusado de apropiarse de 18 teléfonos móbiles

O exalcalde de Negreira (A Coruña), o socialista Jorge Tuñas Caamaño, será xulgado este luns acusado dun delito de apropiación indebida por, supostamente, quedarse con 18 terminais móbiles do Concello. A sesión terá ás 11,00 horas no Xulgado do Penal número 1 da Coruña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 18:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O exalcalde de Negreira (A Coruña), o socialista Jorge Tuñas Caamaño, será xulgado este luns acusado dun delito de apropiación indebida por, supostamente, quedarse con 18 terminais móbiles do Concello. A sesión terá ás 11,00 horas no Xulgado do Penal número 1 da Coruña.

O rexedor presentou o pasado xoves a súa dimisión pola súa implicación neste caso, unha decisión que trasladou ao pleno municipal celebrado na tarde do venres.

En concreto, a Fiscalía considera a Jorge Tuñas presunto autor dun delito de apropiación indebida por non devolver un total de 18 teléfonos ao Concello unha vez cesado do seu cargo como alcalde fai dúas lexislaturas.

No seu escrito de acusación, o Ministerio público pide un ano e nove meses de cárcere, con inhabilitación especial para presentarse como candidato nos procesos electorais durante o tempo da condena. Ademais, pídeselle unha multa de 6.798,15 euros, equivalente ao valor total dos 18 terminais móbiles.

No caso tamén está imputada por apropiación indebida a que fora tenente de alcalde naquela lexislatura, Pilar Pérez, para a que a Fiscalía pide un ano de cárcere e tamén inhabilitación para ser elixida como cargo público durante o tempo que dure a condena.

A ela atribúeselle quedarse con seis teléfonos e un kit mans libres para o coche, por valor de 1.893,09 euros, contía pola que se lle impón unha multa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta