Temas: BNG ANA PONTóN

Pontón cre que non sumarse ás mareas foi un acerto

Nesta entrevista, a líder do Bloque admite que os nacionalistas teñen aínda moito traballo por facer para recuperar peso nos concellos, pero estima que volverán a "entrar con forza" en prazas como Vigo e Ferrol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2017 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Un mes despois de ser reelixida como líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón considera que a "militancia" da súa formación "acertou" na Asemblea Nacional celebrada en 2016 cando "decidiu manter o BNG como un proxecto político autónomo, non dependente de forzas estatais".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na entrevista
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na entrevista | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida a Europa Press, a primeira muller que lidera a organización frontista celebrou que Galicia "siga tendo un nacionalismo forte" despois do "profundo proceso de debate" interno realizado polo BNG nos últimos anos e rexeita valorar as diferenzas internas xurdidas nos últimos meses en En Marea, proxecto ao que algunhas voces internas do Bloque pedían achegarse.

"Cada día é máis evidente que o BNG, En Marea e o PSOE son proxectos diferentes que representan espazos distintos. O BNG é unha organización nacionalista, que ten a súa cabeza e o seu corazón neste país", sinalou para mostrarse "convencida" de que "o nacionalismo é vital para cambiar a dinámica dos últimos tempos" en Galicia.

Así, dá por superadas as diferenzas internas que afloraron no Bloque a partir de 2012 e cre que a formación está xa "nunha nova etapa, nun novo ciclo". "Somos unha forza política que está en ascenso, hai unha corrente de simpatía moi forte cara ao Bloque e o reto que temos é reverter esa corrente de simpatía nunha opción á que cada vez se somen máis galegos", manifestou.

E é que, tras a XVI Asemblea Nacional que o BNG afrontou como proceso de refundación hai un mes na Coruña, Pontón ve á súa organización "forte, unida e cohesionada", estado que, na súa opinión, sitúa aos nacionalistas en "disposición de ser a alternativa a Feijóo". "Cada día que pasa é máis evidente que Galicia necesita un goberno que a defenda e non un monicreque do señor Rajoy, que é no que se converteu Feijóo", incidiu.

BAIXAS

Preguntada por se considera que o Bloque pagou un prezo moi alto pola súa actual unidade interna tras as baixas de destacados militantes como o exportavoz nacional Xavier Vence, Ana Pontón ve "lóxico" que en toda organización haxa unha renovación e cualifica de "referente" ao que fose líder do Bloque antes de que ela mesma asumise as rendas da fronte.

Tamén se referiu a a "importante achega" de persoas que agora non ocupan a primeira liña no BNG, como as exdiputadas Tereixa Paz ou Carme Adán. Sobre elas, ás que enmarca no seu círculo de amizades, remarca que son tamén "referentes", "persoas coas que o BNG contou no pasado e segue contando neste momento". "Son militantes, teñen o seu espazo de participación, estiveron nun momento nun papel máis destacado pero creo que iso forma tamén parte da normalidade política. O raro sería que iso non pasase", incidiu.

Ademais, na entrevista concedida a Europa Press, a líder dos nacionalistas galegos destaca que o Bloque está "a sumar a persoas", cuestión que cualifica de "boa noticia", especialmente nun momento no que o "descrédito" da política "é tan grande".

REXEITA "FACER OPOSICIÓN DA OPOSICIÓN"

A preguntas sobre se se ve como a líder da oposición ante a situación interna dos dirixentes do PSdeG e En Marea, cuestionados por parte das súas organizacións, Ana Pontón rexeita "facer oposición da oposición" e recoñece sentirse "moi afortunada" de ter un "respaldo e apoio" importante da súa formación.

"Quédanos moito traballo por facer e, aínda que son das que pensa que estamos nun momento para o optimismo, creo que é importante que acertemos e que traballemos", apuntou para incidir en que "os éxitos hai que gañalos cada día".

Neste punto, aproveita para cargar contra as críticas realizadas por Feijóo na pasada sesión de control tanto a Luís Villares (En Marea) como a Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) pola situación interna das súas respectivas organizacións. "Feijóo ten moito valor vendo todo o que está a pasar no PP", censurou para deixar claro que o actual líder dos populares galegos "non está para darlle leccións nin de ética nin de dignidade nin de loita contra a corrupción a ninguén".

Tras iso e cuestionada sobre se lle gustaría repetir como candidata do BNG á Presidencia da Xunta nas próximas autonómicas de 2020, púxose a "disposición da militancia" para o que esta decida. "Falta moito tempo pero o que podo garantirlle é que o próximo candidato do BNG á Xunta o será despois dun proceso democrático e non por un dedazo", sentenciou.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Na entrevista con Europa Press, tamén debullou o traballo que a súa formación emprendeu de face aos próximos comicios municipais de 2019. Así, lembrou que o Consello Nacional aprobou na súa reunión do pasado sábado un plan de traballo para a preparación destas eleccións, en virtude do que iniciarán xa "os traballos de preparación das candidaturas".

"Dámonos o prazo dun ano para ter aos nosos candidatos elixidos e, sobre todo, é importante que fagamos un traballo de base, de rúa, unha boa acción de goberno", explicou antes de augurar que "esa conxunción é a que permitirá non só manter senón mellorar a presenza a nivel municipal".

Ana Pontón non esconde que, aínda que ao Bloque "impórtanlle todos e cada un dos concellos" de Galicia, debe tamén prestar especial atención ás cidades que, "ao final, aglutinan a maior parte da poboación".

Precisamente, nas urbes recoñece "diferentes situacións" para a súa formación e "ningunha delas homologable": "Temos puntos moi fortes, como é o Concello de Pontevedra, que é un escaparate magnífico do que podería ser Galicia e do potencial do proxecto nacionalista; e temos outros sitios nos que o noso obxectivo ten que ser volver entrar con forza, como é o caso de Vigo ou Ferrol".

Con todo, a vista dos resultados das pasadas eleccións autonómicas, nas que o BNG se fixo con seis deputados e mantivo o grupo parlamentario na Cámara galega, Ana Pontón móstrase "convencida" de que a súa formación "recuperará a presenza nesas corporacións".

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

9 Bambolino

Cal é o problema de adicarse a política profesionalmente? Non se gana o seu soldo? Non está preparada para facelo? Vai os Madriles a premer un botón coma fan os confederados mareados????? Os criticóns que andades por aquí presentarvos as primarias da vosa querida Marea españolista Mareada coma Yolanda e cía e problema solucionado , ou non? Os comentarios non teñen desperdicio, os españolitos que garanten a unidade de Spain criticando o BNG por defender a Galicia e por impedir sempre que goberne o PP. Podemos debe ter a maioría onde goberna ou goberna có PSOE?

1 Camilo Lourenza

Españolista seras ti Bambino. Ben, nas Mareas de Podemos hai moito españolista, pero non todos somos mareados... Agora ben, que defendas a politica profesional no lugar da limitacion dos mandatos, que negues a participacion plural dos cidadans e prefiras unha elite de escollidos polo partido de turno, iso representa o pior do pensamento conservador, caduco, elitista, dirixido e servil do Beneguai. Aqui ollamos ate onde chega a miseria humana das ovellas do Beneguai!!! Digamos todos: beeeeeeeeeeeeeneguai e aturemos o que os pastores non reserven. Coitadiñas, as ovellas do Beneguai naceron para ser mandadas!!!

2 Bambino

Limitación de mandatos???? Como Beiras e o resto de rebotados mareados non??? Ou ser candidato non conta para iso das limitacións? De que participación cidadán falas? Dos escollidos dende Madrid? No único que participades as ouvellas de podemos e en compartir chorradas e as mismas consignas no facebook, consignas coas que non sodes consecuentes,o traballo mellor que o fagan outros que os podemitas acabades a Forza coas críticas.

3 Camilo Lourenza

Balbino Bambolino Bambino, que limitadiño es! Fora a alma, semellas o nostrus! Que ti antes adoraras o Beiras explica o teu odio de agora, outros non nos fiamos de tal egoista personaxe, nin cando ti o aplaudias, nin agora. Do circo de Podemos tampouco. E si, criticamos ao BNG por vendidos, por farsantes, por practicar a politica profesional, por ser do sistema, polos mantidos: Ana Ponton a primeira! E se tanto che proen as criticas, a rascar!

8 eusi

Desde logo que si, eterna delegada de clase que lle quedan dous telexornais... Sempre é mellor que goberne o PP ou mellor ainda o PPsoe-Bnjajaja

7 Beiras fracasado

Xa están os trolls da Marea a soldo, porque no parlamento non existen e poden adicarse a insultar, terán de mestres a Yolanda Diaz, e o vello podrido Beiras

6 Guillerme Gintonic

Ana Poltrona e Bieto Lobeira de profesión VIVIDORES DA POLÍTICA

1 F Garcia

Home xa;en troca a Yoli e o Toné tenhem máis de vinte anos cotizados ä Segurança Social.

2 Parada do Sil

Que Yoli, Toné, Pam e outr@s sexan vividores da política non fai menos parásitos a personaxes como Pontón, Lobeira ou Cela e outr@s escollidos. Xa non serve o "e ti máis". Que o interese primeiro dun político sexa conservar o posto para vivir da política cando non tiveron outro oficio, debería facernos reflexionar que caste de parásitos mantemos e a quen deixamos para decidir as cousas do común.

3 F.Garcia

A tua inveja é cómica:apreséntate ti a candidato nas eleiçons e fai constar que renuncias a qualquer salário público e a reeleiçom.Con certeza que sais eleito.Ah! suponho que terás um bom forrolho no banco para te poderes permitir um hobby assim tam caro.

4 Parada do Sil

Rexeitar profesionais da política é envexa? Fomentar a participación, limitar mandatos, ter oficio fóra da política é malo? Tedes unha cara tan dura no BNG e unhas tragadeiras que asustan a calquera persoa decente! Estades a un paso de xustificalo todo, pasades os estatutos da organización polo forro, de seguir así co BNG no poder nada muda, salvo os mantidos!

5 Camilo Lourenza

Ana Ponton, unico oficio recoñecido: politica profesional desde a adolescencia!!! Xa entendemos a que casta defende, non precisamos mais comentarios. Noxo, non; repugnancia!!!