O II Congreso 'FP Innova Galicia' porá en valor 40 proxectos de centros educativos e os vínculos coa empresa

O II congreso 'FP Innova Galicia' porá en valor un total de 40 proxectos de innovación, nos que participaron 23 centros educativos e colaboraron 30 empresas, segundo avanzou este martes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na presentación das novidades da feira, que se celebrará na Cidade da Cultura os próximos 10, 11 e 12 de maio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2017 | Actualizada ás 18:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O II congreso 'FP Innova Galicia' porá en valor un total de 40 proxectos de innovación, nos que participaron 23 centros educativos e colaboraron 30 empresas, segundo avanzou este martes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na presentación das novidades da feira, que se celebrará na Cidade da Cultura os próximos 10, 11 e 12 de maio.

Congreso FP Innova
Congreso FP Innova | Fonte: Europa Press

Román Rodríguez lembrou que o programa deste congreso divídese en dous partes. Por unha banda, a parte expositiva, na que un total de 250 alumnos, acompañados de profesorado e empresas colaboradoras, darán a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como o oito miniempresas creadas ao amparo dos traballos de innovación.

Así, ao longo do tres días está prevista a visita doutros 7.000 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia, principalmente de ESO e de FP Básica, que poderán coñecer de preto os traballos dos seus compañeiros e comprobar as potencialidades que ofrece a Formación Profesional galega.

CONGRESO

Por outra banda, a feira terá unha parte dedicada a congreso, na que ao redor de 300 docentes asistirán ás diferentes charlas e mesas redondas programadas, que contarán coa participación de empresas de relevancia como Navantia, Gas Natural Fenosa ou Estrella Galicia, entre outras. Así mesmo, tamén se organizarán un total de 19 talleres de innovación vinculados cos proxectos expositivos.

Entre as novidades deste ano, ademais de estenderse un día máis con respecto á edición pasada, hai que destacar a presenza de varios responsables institucionais de comunidades autónomas, que tratarán a relevancia dos CIFP en España. Así mesmo, as mesas redondas tamén contarán coa participación da directora de programas da axencia Brainport Development, N.V. dos Países Baixos, Yvonne van Hest; e do delegado rexional do Instituto de Emprego e Formação Profissional da Rexión Norte de Portugal, António Leite.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta