O Consello Escolar de Lugo aproba a proposta de STEG para crear un centro público de ensino dentro das murallas

O Consello Escolar Municipal de Lugo aprobou a pasada semana unha proposta de STEG para reclamar a creación dun novo centro de ensino de titularidade pública dentro de murallas ou en terreos contiguos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2017 | Actualizada ás 19:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Consello Escolar Municipal de Lugo aprobou a pasada semana unha proposta de STEG para reclamar a creación dun novo centro de ensino de titularidade pública dentro de murallas ou en terreos contiguos.

Segundo informou o sindicato, o punto figuraba incluído inicialmente na orde do día como 'Petición de creación dun centro de ensino de titularidade pública no antigo Cuartel de San Fernando'.

STEG baseaba esta proposta no feito de que o CEIP Quiroga Ballesteros "vén soportando unha forte presión de matrícula nos últimos anos", mentres que na zona só hai a alternativa dun centro relixioso (Colexio da Milagrosa) que, segundo STEG, "non cumpre cos requisitos que marca a lexislación vixente para o seu funcionamento".

Con todo, escoitados os argumentos dados polo concelleiro de Educación "relativos á imposibilidade, por motivos técnicos e arquitectónicos, de construír unha escola no antigo Cuartel de San Fernando", STEG mantivo a petición de creación dun centro público de ensino dentro das murallas ou en terreos contiguos. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta