En Marea denuncia a “regresión inaceptable” de galegofalantes

Denuncia o "auténtico asedio" do PP contra a cultura propia e alerta que a porcentaxe de falantes habituais en galego pasou, entre 2003 e 2013, do 44 ao 30 por cento. Freixanes pide a colaboración das institucións para defender o galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2017 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario de En Marea denunciou este luns a "regresión inaceptable" no número de galegofalantes e o "auténtico asedio" que o PP, desde a Xunta, está a levar a cabo en contra da cultura propia.

Roda de prensa de En Marea sobre o galego
Roda de prensa de En Marea sobre o galego | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa en vésperas dunha sesión plenaria que En Marea tratará de converter en "monográfico" sobre a lingua e a cultura galegas, o seu portavoz, Luís Villares, puxo o foco na "realidade alarmante" que sofren ambas as cuestións.

Apuntou que a porcentaxe de falantes habituais en galego pasou, entre 2003 e 2013, do 44 ao 30 por cento; mentres no caso do castelán aumentou do 20 ao 25 por cento. "Imos na dirección contraria do percorrido que debería ter a lingua propia", observou.

En canto á situación da cultura, a deputada Ánxeles Cuña falou do "retroceso brutal" dos fondos que se lle consignan nos orzamentos, duns 90 millóns de euros. "Deixa unha paisaxe abatida e leva ao colapso", advertiu.

E é que, como dixo, a cultura "pode ser un motor económico e de integración social", e o acceso a ela por parte da cidadanía é "un dereito". Por todo iso, xulgou que é "moi grave" a escasa atención que recibe do Goberno galego.

Freixanes pide a colaboración das institucións

Por outra banda, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, remarcou a necesidade de que "todas as institucións civís e públicas" de Galicia empuxen "nunha mesma dirección" nas cuestións relativas á lingua galega.

O recentemente elixido presidente da RAG mantivo este luns un encontro co presidente da Cámara galega, Miguel Santalices. Unha reunión que, segundo sinalou Freixanes aos medios ao termo da reunión, virou ao redor da "filosofía".

"Viñemos falar de filosofía, de se compartimos non compartimos as preocupacións básicas no galego e o seu futuro. É algo fundamental que todas as institucións civís e públicas, incluída a Academia, debemos empuxar nunha mesma dirección", manifestou Freixanes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 nostrus

Eu vexo mais razonable promocionar o coñecemento do aleman, o ruso, saber conducir un autobus, ctr, que promocionar o coñecemento do galego. O galego é unha lingua que hai en Galicia e que moita xente prefiere para expresarse e o seu uso é un dereito, pero nada mais. Eu recoñezo que moita xente ten o galego como o seu talisman, o seu deus, e mesmo lle reza e a min paréceme ben mentras os que lle rezan non obriguen aos demais a que lle recemos. O galego é un elemento mais que axuda a definir a identidade de Galicia, pero non é o unico porque existen moitisimos mais. A ninguen se lle obriga a abrazarse ao Apostolo por ser o patron de Galicia, nin se lle obriga a ninguen a comer pulpo porque sexa tipico de aqui, nin se obriga a ninguen a vestirse de negro cun pano na cabeza ou unha chaqueta de pana por ser propio dos nosos antergos. O mundiño nacinalista esta chalado.

1 teutonio

Sempre ten que haber persoas coma Nostrus, eu tamén vexo máis razoable mandar aos vellos coma el ao medio do monte a que morran, total so fan gasto e teñen aínda unhas ideas rancias. Xa che comentei 20000 veces que o sermos bilingües axúdanos a aprender outras linguas por tanto promover o coñocemento do galego, a lingua minorizada, axuda aos nosos mozos a aprender alemán, ruso e especialmente as outras linguas latinas. Isto está máis que demostrado pola ciencia, outra cousa é que pailáns coma ti cunha mentalidade tan rancia o ignoren ou non o queiran ver, por iso como sempre che recomendo que viaxes máis e deixes de presumir de ignorancia.

2 nostrus

teutonio, non sexas plasta. Precisamente eu abogo polo bilingúismo para todos aqueles que o desexen, pero tamen esixo liberdade para que cada persona decida o que quere aprender. Non lle esixo que faga deporte ou que non fume para ter boa saude, sinon que esixo que haxa informacion e despois cada persona que decida

3 FUN_EU

Deixa de decir parvadas, nostrus. Ainda che queda demostrar que alguén impón o galego: Varias veces che pediron probas de que se vos impón o galego e a túa resposta é cero. Son centos os millóns de euros os que se gastan para impoñer o castelán nun sitio que vos mesmos recoñecedes que foi galego-falante dende sempre. E para ti hai máis: http://po litica.elpais.com/politica/2015/08/22/actualidad/1440258457_295879.html e isto: http://www.ociozero.com/foro/11395/.... E vos a queixarvos de que vos discriminan. ¿Credes que o voso discurso victimista vai tapar o feixismo antigalego que agochades?

4 Antinostrus

Este segue coa cagalleta mercenárica do can cerbeiro do Ministerio do Interior Españoloasoballador na Boca e dando renda solta a súa disfásica e única neuronarobotizada co supermantra de que as xentes escollemos "libremente"...coitado malandro cortelleiro!!!.....

5 teutonio

Ser plasta é recordarche o que a ciencia di?, aboga ou avoga polo que queiras ;) porén a sociedade galega xa decidíu hai décadas que os mozos todos teñen que ser bilingües ou aprenderen un mínimo de matemáticas ou xeografía pra rematar con éxito o bacharelato, facer algo de deporte na clase de educación física e recibir durante o horario escolar unha serie de ensinanzas sobre a súa saúde. Por tanto o que ti digas pouca importancia ten, ademáis ven dun tipo que non deixa de mostrar en público ignorancia e o desprezo polo coñecemento. Anda, aprende un pouco https://www.youtube.com/watch?v=Oy7...

6 Anônimo

O galego é ũa língua que á na Galiza, Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Macau, Cabo Verde, Timor-Leste, Guiné-Bissau, São Tomé e Príncipe, Goa, Damão, Diu, Olivença, Xálima, parte ocidental das Astúrias e Castela e Leom, norte d´Uruguai... E o galego tem mais falantes có alemám, francês e italião juntos! https://umnovoreintegracionismo.wor...

7 Anônimo

Isto parece ũa "guerra" antre a religiom castelanista (governada polo Papa nostrus e com milheiros de segui-trolls-dores) e os galegos que ainda lhes fica algo de sentidinho (coma o teutonio, FUN_EU, eu próprio, a maioria das "pessoas"...)

5 Buffito

"retroceso brutal" dos fondos ... Eso é o que lles fod... digo lles fastidia. O resto é conto.

4 Nexus 6

Si alguien pide que la cartilla de las vacunas esté TAMBIÉN en español, está atacando al idioma regional y es un facha. Si alguien exige que dicha cartilla esté SÓLO en jallejo es un demócrta tolerante defensor da língua y, por supuesto, no ataca a nada ni a nadie. Y como esta situación, mil más. Lo que estos Anormalizados pretenden es eliminar al español de cuantos más espacios mejor, sin tener en cuenta que la mitad de los gallegos tienen como lengua propia el español y estos ciudadanos, según los Anormalizados, no tienen derecho a que las cartillas sanitarias, la sinaléctica pública, la enseñanza, las comunicaciones de los Ayuntamientos o de la Administración Pública, los carteles de las fiestas de sus pueblos y ciudades, etc… estén TAMBIÉN en español.

1 Fuera Nexus 6

Ese derecho lo tienen garantizado por ley! así que deja de decir imbecilidades. Anormal sí que eres tú. Os inventáis un paisaje en el que los hablantes de una lengua mayoritaria son vilipendiados. Menos mal que no os hace caso nadie, incluso los que hablamos castellano pero respetamos al gallego

2 teutonio

O 50% terán como lingua materna o castelán, porén ao 45% non lles importa ou mesmo apoia que "cartillas sanitarias, la sinaléctica pública, la enseñanza, las comunicaciones de los Ayuntamientos o de la Administración Pública, los carteles de las fiestas de sus pueblos y ciudades" estean en galego e consideran que hai que protexer e promover a lingua do país.

3 Antinostrus

Non sexas paspallán....sabes moi ben que nunha estratexia militar básica ao (Idioma) Invasor, nin auga....mentres o Castelán-Español Invasor (como no seu dia aconteceu co Latín) non sexa quen de impor-se ao cento por cento dos Galaikus Irredentos, deberá ser sistemáticamente ignorado...cando o logre, abrirémos-nos de pernas e a roe-lo.....ningún Invasor ten dereitos até que logra impor-se aos naturais da terra (neste caso espazo linguístico orixinal Galego) invadida.....é elemental, de manual de supervivencia de parvulario, e só analfabetos funcionarais ou borde lines Nóstricos son incapaces de o compreender......

4 nostrus

Si disminuye el numero de gallegohablantes...¿que pensais hacer?...obligarlos a hablar gallego a punta de pistola. si disminuye el numero de homosexuales...¿que pensais hacer?. Obligar a la gente a que use el gallego es igual de fascista que obligarlo a que se haga homosexual u obligarlo a que se case por la iglesia. La gente que haga lo que le de la gana con su vida. Ademas el gallego no es algo tan necesario para la especie humana, de hecho en Murcia no lo tienen y son tan felices y el latin desapareció y nadie lo extraña. Se deben tomar medidas para garantizar que use el gallego todo aquel que lo desee, pero pretender que use el gallego mas personas de las que lo deseen es absurdo y antidemocrático.

5 teutonio

P. ignorante, o latín non desapareceu, non é o vegliota ou o livonio, evolucionou e falámolo todos os días en varios continentes. Se disminúe o número de galegofalantes podemos estudar as causas polas que sucede isto (descoñecemento, prexuízos e marcas negativas, supremacismo enraizado) e facer políticas públicas pra que non pase xa que non se perdería soamente diversidade lingüística e parte da nosa identidade, tamén destrezas e competencias que temos os bilingües. A xente non fai o que lle da a gana, actúa en relación a sociedade e a ideoloxía que ten, se comemos cupcakes e sabemos de Kim Kardashian é por pura ideoloxía, cousa que tamén afecta á hora de empregar unha ou outra lingua en diferentes situacións ou coa prole. Ou é que pensas que uns pais lle falan castelán a un fillo porque é natural e desexan iso?, ou que haxa quen lle dea bajón que lle falen nun pub en galego?

6 nostrus

Mira teutonio, vexo que no teu corazon tes un recuncho que outros reservan para o Barça e outros para Cristo, pero non falamos de sentimentos, sinon que falamos de dereitos. ¿Temos que tomar medidas para recuperar o latin?.

7 teutonio

Temos que tomar medidas pra protexer a diversidade cultural e lingüística, os dereitos de comunidades, máis aínda cando estas levan séculos sendo minorizadas ou promover a identidade propia. O latín xa non é lingua materna de ninguén e non é usado de maneira natural quitando algunha xente moi motivada. Que compares a normalización do galego co latín é un insulto á intelixencia e soamente mostra os teus graves complexos e que non poidas ou saibas responder. Vai a un psicólogo.

3 zasca

feijoo eres un hi jo de pu ta

2 Gamela

Recomendaríalle ao ínclito Villares EMPUXAR na boa dirección sobre o tema lingüístico, e non volver facer da lingua unha BANDEIRA DE CONVENIENCIA coma sucedeu no pasado recente... Se quere empuxar aquí no GC ten un lugar fantástico para facer declaracións de prénsa e non na SER !!! Pero, claro, sempre que pensamos en medios en galego pensamos tamén na TRADUCIÓN ao falantes de fóra de Galicia e poñemos o carro diante dos bois para que se escoite FÓRA o que non facemos DENTRO !!!!