A ópera folk-rock galega 'The Rebel' chega a Santiago de Compostela

Tras a boa acollida recibida o pasado venres na súa estrea na Coruña, a primeira ópera folk-rock creada en Galicia, 'The Rebel (O Rebelde)', chegará este xoves a Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2017 | Actualizada ás 10:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tras a boa acollida recibida o pasado venres na súa estrea na Coruña, a primeira ópera folk-rock creada en Galicia, 'The Rebel (O Rebelde)', chegará este xoves a Santiago de Compostela.

A peza conta a historia de Pádraig Pearse e do Alzamento de Pascua en Irlanda en 1916 a través dun espectáculo multidisciplinar no que a música en directo interactúa con pezas teatrais e a proxección dunha curta rodada en localizacións como Goián, Loiba ou o Mosteiro de Oseira.

Tras o seu paso por Compostela, o espectáculo estará o 18 de maio na sede de Afundación en Vigo, o 25 de maio en Ferrol e o 26 de maio en Lugo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta