Loubanza para os viños galegos en Los Angeles

O xornal Los Angeles Times destaca a importancia dos viños das Rías Baixas e do Ribeiro, especialmente, o albariño que "acendeu o interese mundial".

Por Galicia Confidencial | New yersey, EE.UU | 28/04/2010 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Nesta reportaxe, suliña que o rexurdimento dos viños blancos españois comezou en Galicia co albariño, pero tamén coa treixadura, o godello e a loureira.

Da D.O. Rías Baixas destaca os Martín Códax e Burgáns, "sen adornos", ou máis "complexos" como o Ferreiro. Desta última adega salienta o 'Cepas Vellas' do que di que "sempre é escaso no mercado", aínda que se poden atopar outras variedades "máis animadas" como o 'Rebisaca'.

Ribeiro

Los Angeles Times tamén se refire os caldos do Ribeiro, unha zona que na que tivo lugar o "maior rexurdimento" de viños blancos dos últimos tempos. "A rexión é menos dependente de albariño que as Rías Baixas e utiliza o trexiadura e godello con máis frecuencia, o que proporciona notas cítricas e un sabor animado aos viños", apunta.

Neste caso, salienta o 'Emilio Rojo', "quizais o máis importante da rexión", ainda que engade que está a "precios do Borgoña". Por iso, aposta por ribeiros "máis asequibles" como o Viña Mein e o Torrontés de Bodegas do Campo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta