Temas: CORCOESTO MINA

Os plans da mineira para facer caixa en Corcoesto vía Panamá

As últimas contas de Edgewater revelan que a mineira canadense non se dá por vencida. Un documento que acaba de aprobar o seu Consello de Administración detalla o plan para seguir adiante co preito que lle meteu ao Goberno de España despois de que a Xunta paralizara o proxecto.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“No caso de que España non ofreza de xeito inmediato a total compensación pola perda do investimento e da oportunidade de negocio, a empresa continuará co seu preito buscando a arbitraxe internacional do BIT para asegurarse unha compensación completa”, especifican as contas aprobadas o 26 de abril, ás que tivo acceso GC.

Feijóo anunciando a aprobación da mina de Corcoesto antes de final de ano e prometendo a creación de 1.400 postos de traballo
Feijóo anunciando a aprobación da mina de Corcoesto antes de final de ano e prometendo a creación de 1.400 postos de traballo | Fonte: Vídeo da Xunta subido por Edgewater ao Youtube

Que é o BIT? Trátase do acrónimo en inglés de “bilateral investment treaty”. Son os tratados bilaterais que prevén o dereito dos investidores internacionais, que estiman co s seus dereitos foron violados, a demandar aos estados -neste caso España- diante dun arbitraxe internacional, a miúdo a través do Centro Internacional de Arranxo de Diferencias Relativas a Inversións, un organismo do Banco Mundial.

De feito, as contas revelan que xa demandou ao Reino de España de acordo as normas dos tratados bilaterais con Panamá. E é que a mineira no país -Mineira de Corcoesto SL- é propiedade de Cocoresto S.A., filial da Edgwater radicada no país centroamericano, tristemente famoso por ser un paraíso fiscal. 

Edgewater parece decidida a chegar até o final, pois mesmo buscou financiamento fóra para a arbitraxe. “A compañía asinou un acordo de financiamento do preito cunha terceira parte para financiar a disputa baixo o BIT”, din as contas. 

Na documentación, non se dá por perdida a mina , que a Xunta paralizou argumentando febleza de capital, nin mioto menos. Iso si, específica que “a habilidade da empresa para cumprir coas súas obrigas admiministrativas depende da capacidade da direción para lograr financiamento adicional e pechar o preito co Goberno Galego”.

Parte da demanda xudicial de Edgewater, mineira de Corcoesto, na que relata unha suposta reunión de Feijóo cun directivo dun medio de comunicación e un empresario do IBEX 35
Parte da demanda xudicial de Edgewater, mineira de Corcoesto, na que relata unha suposta reunión de Feijóo cun directivo dun medio de comunicación e un empresario do IBEX 35

Polo de agora o negocio de Edgewater semella case ruinoso. Afirma que perdeu máis de 46 millóns de dólares dende a súa creación.  

En España, gastou máis de 113.000 dólares en salarios en 2016 e cotizacións a seguridade social, ademais duns 55.000 dólares en outros custes. Isto indica que a mineira sigue tendo actividade no país, malia que a Xunta declarou en 2015 que a concesión de Corcoesto caducárelle. 

Edgewater demandou á Xunta na Xustiza en canto lle denegou a autorización. Como probas no preito incluíu, entre outras, a rolda de presidente na que afirmou que a mina ía aprobarse creando miles de empregos. Tamén un relato dunha reunión en Madrid na que narra que a Xunta lle pediu que sumase ao proxecto a un "socio local" que -canda un director dun medio de comunicación- lle esixiu "contraprestacións". 

George Salamis, Director Executivo de Edgewater, a mineira de Corcoesto
George Salamis, Director Executivo de Edgewater, a mineira de Corcoesto | Fonte: www.123people.ca
Temas: CORCOESTO MINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Donald Trumpato

Os verdadeiros plans do lobby da mineiria: Quitar a representación nacional da Galiza no aparello do Estado (congreso, Senado) para que non defenda a Galiza nin Deus. CONSEGUIDO!!!!! Galiza pasou de ter quen a represente a un grupo de espantallos mudiños a tres mil pavos ao mes por ter a boca calada.....viva Beiras!!! Viva Iglesias, viva Eche, viva Ferreiro, viva Noruega....

1 eusi

Non homiño! Sempre errades no diagnóstico, e por aínda, errades botándolle a culpa sempre aos demais. Os carneiros foron postos nas cortes, onde deben de estar por méritos propios, para dedicarse a escornárense uns contra os outros, comer herba, e facer años (se non van moi vellos), e despois, carne pró forno. Feliz estadía cara o matadoiro, cromañóns!

2 LKI

Tradución BeNeGallo - Persoa normal: "representación nacional da Galiza" -> BeNeGá. Os resto dos galegos non son galegos senón son do BeNeGá. Así de simples.