Un accidente de circulación en Nigrán (Pontevedra) deixa dous feridos

A colisión na que se viron implicados dous coches no termo municipal de Nigrán (Pontevedra) deixou dúas persoas feridas, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2017 | Actualizada ás 19:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A colisión na que se viron implicados dous coches no termo municipal de Nigrán (Pontevedra) deixou dúas persoas feridas, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Un particular deu aviso ao 112 Galicia ao redor das 18,00 horas deste venres. Na chamada, esta persoa indicou que un dos vehículos implicados no sinistro entorpecía a circulación.

O accidente tivo lugar na estrada PO-552 á altura de Priegue. Ata alí desprazáronse Urxencias Sanitarias 061, o GES de Val Miñor, Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.

MOTORISTA FERIDO NO Porriño

Por outra banda, un motorista resultou ferido logo de sufrir un impacto coa motocicleta que manexaba contra un turismo. O accidente produciuse en Budiño, no Concello do Porriño (Pontevedra).

O motorista foi trasladado ao Hospital Perpetuo Socorro de Vigo por unha dotación de Urxencias Médicas 061, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta