Os grelos non son só para o cocido

Castelo saca ao mercado a primeira cervexa galega de trompeta dos mortos e de grelos de Lugo. Trátase dunha gama rubia e outra negra creada por unha empresa "pioneira" no envasado de grelos e de setas.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 16/05/2017 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

Poucas cousas hai máis galegas que os grelos, por exemplo nun bo cocido. A partir de agora pódense gozar tamén no verán, desfrutando nunha cervexa. Dende Vilalba Champivil-Castelo presenta o que denomina “primeira cervexa galega de grelos de Lugo e de trompeta dos mortos”.

Cervexa de grelos
Cervexa de grelos | Fonte: Champivil

A compañía organizou un acto de presentación na Praza de Abastos de Santiago de Compostela coincidindo coa véspera do Día das Letras Galegas.  

Os promotores explican que se trata de dúas cervexas artesás, unha gama rubia e outra negra, froito da colaboración da empresa chairega co artesán cervexeiro galego Pablo Casanova. O resultado é “unha edición gourmet exclusiva” presentada dous formatos, de 33 e 75 cl., e que poderá adquirirse a través do facebook da compañía vilalbesa. 

A responsable da empesa, Luz Divina Castelo resumiu de que “Champivil-Castelo sempre se caracterizou por dúas cousas: mimar o produto galego e innovar na súa comercialización”, como destacou Luz Divina. Esta mesma empresa dise “pioneira” en sacar ao mercado grelos e estrugas enlatadas.Kit para fabricación caseira

Ademais das dúas cervexas, a empresa vilalbesa tamén pon no mercado, un kit completo para a fabricación caseira da cervexa de trompeta dos mortos. 

Segundo explicou Paterpaul, o obxectivo é por unha banda “que os consumidores poidan comprobar que a cervexa de Castelo é totalmente natural” e por outra, “que poidan experimentar, dunha forma sinxela, o pracer de beber unha cervexa elaborada por eles mesmos”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta