SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2017 | Actualizada ás 20:12 por EUROPA PRESS
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, defendeu este martes no pleno do Parlamento europeo que "a fame non se combate con caridade" senón con "políticas que garantan a renda e salarios decentes para toda a poboación".
Senra tomou a palabra no plenario para explicar o seu voto en contra da 'Iniciativa sobre o uso eficiente dos recursos: reducir o desperdicio de alimentos, mellorar a seguridade alimenticia', que se abordou na sesión europea.
A eurodeputada xustificou o seu rexeitado a esta medida ao considerar que "non servirá para reducir os desperdicios alimenticios". "Continuará fomentando o negocio da gran distribución e da industria alimenticia, que terá máis alimentos dos que necesita e a baixos prezos, e darlles a saída a través da doazón e do negocio da alimentación para os animais", sinalou.
Ademais, advertiu de que abre as portas a "exencións fiscais para os doantes de alimentos (empresas) e a financiar con fondos públicos a recollida, transporte, almacenamento e distribución das doazóns".
Mentres todo isto prodúcese, Senra augurou que "o desemprego directo e indirecto continuará aumentando coa desaparición da agricultura labrega". "E tamén continuará o aumento da pobreza e exclusión social e o gasto de enerxía", considerou.
Fronte a iso, destacou que as "claves" para combater a fame, a pobreza e a exclusión social serían, entre outras, "reducir a produción, regular os mercados, equilibrar a oferta e a demanda ou fomentar os mercados laborais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.