Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 19/05/2017 | Actualizada ás 14:38
O tripartito que gobernaba a vila de Sanxenxo explotou hoxe. Gonzalo Gonzalo Pita (dos independentes SAL) confirmou que cederá o bastón de mando a Telmo Martín (PP).
SAL (4 concelleiros) cambia de socios. Deixa ao BNG (3 edís) e ao PSdeG (1) para aliarse co Partido Popular (8 representantes). No municipio a marea local Sanxenxo Pode ten un concelleiro.
SAL denunciou a suposta falta de lealdade dos socios de goberno, PSOE e BNG. Hai semanas que había tensión debido, en teoría, as obras de reforma da rúa Luis Rocafort, cofinanciadas pola Deputación, onde goberna unha coalición de socialistas e nacionalistas. SAL quería cambiar o proxecto para que houbese máis plazas de aparcamento. A Deputación e os socios de goberno negáronse públicamente e a convivencia no executivo local empeorou moito..
Aproveitando o rebumbio, Martín soubo xogar as súas bazas e será o novo alcalde. Ocupará o posto de Pita, que pasará a ser primeiro tenente de alcalde. Con todo, Martín xa declarou hoxe que o líder de SAL terá un papel moi destacado no novo executivo, elevándoo á categoría “vicealcalde”, cargo que non existe, salvo nas grandes cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.