Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/04/2010 | Actualizada ás 00:16
A través do seu blog, Constela di sentir "envexa" do sistema literario catalán, "perfectamente enraizado na poboación" e insta á industria galega a que tome exemplo das editoriais catalanas e faga como fixo a industria do viño albariño.
E a pesar de loubar a súa loita "a contracorrente" e os logros conseguidos, reclamalles aos editores que "se poñan as pilas" porque senón "a literatura esmorecerá". "Non podemos agardar que os nosos choscos gobernantes apoien algo que decididamente non é do seu interese. Non podemos contar con eles", asegura.
"Facer industria"
Neste senso, lembra que unha obra é do autor pero, unha vez que se edita, é do editor. Por iso, "é labor da editorial, non do autor, intentar facer industria, e a industria non medra se non existe risco e promoción".
Constela pídelles aos editores que vaian "na procura" de lectores e advirte que, se non se venden libros, "acabaremos coma os poetas provenzais".
Estas críticas coinciden coa decisión de Suso de Toro de abandonar a escritura en galego por estar "ata as narices" da indefensión na que se atopan os escritores que utilizan o galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.