Antón Losada & Josito Pereiro rock!

O ex-secretario xeral da Vicepresidencia da Xunta súbese ao escenario da Nasa na homenaxe a Radio Océano, a pioneira banda do decano de Colexio de Xornalistas. Vídeo no interior!

Por Walter Burns | Santiago | 26/04/2010 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Recibiu pouca atención dalgúns medios, mais o concerto da semana pasada na Sala Nasa foi un dos intres máis importantes da música do país nos últimos tempos. Sobre o escenario non só se xuntaron os membros orixinais de Radio Océano (a banda do hoxe decano do Colexio de Xornalistas Josito Pereiro, que levaban 23 anos sen actuar) senón unha mostra das mellores bandas que cren que aínda é viábel facer música en galego.

None

O grupo coruñés estivo acompañado, entre outros, por Antón Losada, profesor de Políticas da USC e ex-número dous na vicepresidencia de Anxo Quintana (BNG). Losada desempeñou un activo papel na 'movida' cultural galega dos 80, época na que naceron os autores de 'Narcisismo' e famosos versionadores de 'Como o vento'.

O profesor non dubidou en subirse ao escenario, onde foi recibido por un irónico público entre berros de "Antón Losada, patriota galego!". Porén, Losada non se intimidou e, como se pode ver nas fotos tomadas por Xurxo Lobato, demostrou que sabe poñer toda a carne ao lume non só nos seu artigos senón detrás do micro.

O resto de participantes da velada tiñan unha relación máis directa coa música. Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastreros”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón “Papaqueixo” ou Vituco, pero tamén Antón Reixa, Xulián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle foron algúns deles. Pereiro agradeceu a "Instituciones Penitenciarias" que os deixara acudir á Nasa.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Benito

Nah, ni caso, esta muy bien que se le de bola al evento este. Ya me habria molado ir, ya. Ahora, lo que se sobreentiende por los comentarios es que una parte del personal desconoce por completo como surgio la construccion de la cultura moderna en este pais. Que de pie a actos nostalgicos es tanto un recordatorio como un aviso de que no se tire todo por la borda.

6 Carliños

A ver un calqueira. Non é para tanto, meu. Eu penso que esta noticia pode ser un pouco "rosa" pero non pensas que aínda segue dando un pouco de morbo saber algo do que fora o número dous do BNG na Xunta?. Tampouco vexo eu que se difame a ninguén. Tampouco concordo co que dis de Feijóo. Se un presidente da Xunta está mazado como un pulpo, aínda que sexa no ámbito privado, é para dalo a coñecer. Un presidente da xunta, igual que un cargo público calquera, non poden mazarse e teñen que dar exemplo á sociedade. E aínda que sexa no ámbito privado que sexa moi, moi privado para que non haxa ningún xornalista ou cámara diante porque entón xa non sería privado. Entendes?. Unha vez que está rexistrado xa non é privado.

5 un calquera

Está de moda que de noites de farra algún "amigo" saque algunha foto e a colgue na rede cando estabas en algún momento divertido que debería quedar ahí. A eso me refiro. O señor Feijoo dou un discurso público e apareceron imaxes do discurso. O escandaloso foi o que dixo por esa boquiña. Se Feijoo un día cuns colegas vai de carallada e algúen o graba cheo de viño ata as orellas bailando cunha farola eu serei o primeiro en dicir que colgar ese vídeo é unha falla de respeto á privacidade das persoas.

4 cándido

Esto es increíble. Ahora resulta que la noticia difama a alguien. Pero, por favor, un poco de por favor. ¿Por qué no decís lo mismo de cuando se publica la fiesta a la que fue el presidente, que mucho dio que hablar?. Algunso soy la de Dios.

3 un calquera

Este señor ten o mesmo dereito a divertirse que calquera, e ir unha noite de farra ou de homenaxe con quen lle dea a gana. Este confidencial xa se parece ó "tomate" coas novas que saca. Señores de GC, que interese ten isto?, poderían ter un mínimo de dignidade e retirar esta (nova?)que trata dun modo torpe de difamar a alguén por favor?. Fagan o favor de ter un mínimo de dignidade.