Consello.-Xunta e Interior renovan a colaboración para a vixilancia de edificios xudiciais, que asumen 203 efectivos

O Goberno galego autorizou este mércores a firma dun novo convenio de colaboración e coordinación entre o Ministerio de Interior e a Consellería de Presidencia en materia de seguridade nos edificios xudiciais en Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2017 | Actualizada ás 19:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou este mércores a firma dun novo convenio de colaboración e coordinación entre o Ministerio de Interior e a Consellería de Presidencia en materia de seguridade nos edificios xudiciais en Galicia.

En virtude deste acordo, o Goberno autonómico destina en 2017 un total de 1,7 millóns de euros para que 203 efectivos --122 gardas civís en situación de reserva e 81 membros do Corpo Nacional de Policía-- custodien as instalacións xudiciais galegas.

O Goberno tamén acordou o recoñecemento da comunidade galega para a Asociaciación Xuntanza de Galegos de Alcobendas. A entidade, que xa contaba co recoñecemento de centro colaborador, foi creada en 1988 e suma 800 socios.

Con esta incorporación, están adscritas ao Rexistro de Galeguidade, que xestiona a Secretaría Xeral de Emigración, un total de 176 entidades en España, Europa e América, das que 110 contan cunha categoría de 'comunidade galega'.

O Consello tamén autorizou a aceptación dos centros de saúde de Mugardos e As Pontes, na Coruña. Ambos pertencen ao grupo de 18 centros de saúde dos que o Sergas asumirá os gastos no ámbito do Pacto Local.

Do mesmo xeito, a Xunta destinará 257.000 euros ao acondicionamento de espazos públicos nos concellos ourensáns da Bpla e San Amaro. Tamén destinará máis de 180.000 euros á mellora da Praza do Concello no núcleo de Cerdedo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta