Camariñas divídese ante a inhabilitación do seu alcalde 'Pichurri'

300 veciños apoian na rúa ao rexedor. BNG e PP filtraron esta pasada fin de semana unhas gravacións sobre un concurso para a contratación de persoal temporal.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 29/05/2017 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Días de tensión vive Camariñas dende a inhabilitación durante 4 anos do alcalde, o socialista Manuel Valeriano, 'Pichurri'. O cruce de declaracións, as peticións de dimisión e mesmo a filtración de gravacións alteran a orde natural da vida política desta vila da Costa da Morte.

Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica
Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica | Fonte: QPC

Pero unha vez máis na bisbarra, os asuntos de corrupción parecen non afectar á visión que os cidadáns teñen dos seus representantes. Este pasado venres máis de 300 veciños concentrabanse ás portas do Concello para amosar o seu apoio a 'Pichurri'. Veciños de todos os sectores alzaban a voz para deixar claro que Valeriano non vai estar só nesta batalla contra a lei. Mesmo outros alcaldes socialistas como Félix Porto ou José Manuel Pequeño amosaron o seu apoio.

Gravacións

BNG e PP filtraron esta pasada fin de semana unhas gravacións nas que se escoita á concelleira Sandra Insua falando cun veciño interesado en coñecer o resultado dun concurso para a contratación de persoal temporal. Unhas conversas nas que para os grupos da oposición se deixa claro como son estes procedementos, a dedo, e para ir cubrindo cada parroquia. De feito, ambos preguntaron no pleno por esta clase de prácticas.

Pola contra, a propia edil acusa case de “delito” “a campaña de acoso do PP e BNG”, por “utilizar gravacións obtidas fraudulentamente para atacar”. Insua sinala ademais que foi unha conversación normal cun veciño que ademais non saíu elixido e que mesmo “chega a acusar ao rexedor de ser o responsable da súa non elección e ameaza a Sandra Insua con recibir un mal resultado electoral e ao alcalde da vila de que vai perder votos”.

Insua quere “defender a limpeza do proceso de selección. Unha limpeza que queda acreditada totalmente no feito de que non solo eu non formaba parte deste proceso, senon en que este señor non foi nin sequera seleccionado”.

Nova petición de dimisión

Mentres, o BNG continúa solicitando aa dimisión do alcalde e lamenta que non respondese a ningunha das cuestións que lle preguntaron no último pleno. Ademais, o BNG de Camariñas “apela unha vez máis ao PSOE local para que faga efectivo o código ético do PSOE e pida que o alcalde de Camariñas dimita, de non facer efectiva esta petición o BNG entende que existe complicidade co alcalde e entendemos que perden toda a credibilidade cos seus votantes e cos seus veciños/as”.

Do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

PPsoe...pero que m_rdentos sodes! Igualados por abaixo á peor escoria PPodre. E enriba xustifícanse atacando aos demais. #PPaoPParo #corruPPtosAoCaxó