Os defensores da lingua quentan motores para unha protesta histórica

O PSdeG adianta o seu apoio á protesta do Días da Letras, que este mércores vivirá o seu primeiro ensaio xeral cunha folga no ensino.

Por Galicia Confidencial | O Irixo | 08/05/2010 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Mocidade pola Língua, a organización de mozos da Mesa pola Normalización, convoca unha folga nos ensino secundario para o próximo mércores. Ademais haberá varias manifestacións en Vigo, Ourense, Compostela e Lugo.

Os defensores da lingua quentan así motores para a gran cita do 17 de maio. O Día das Letras Queremos Galego prepara unha manifestación en Compostela que os críticos coa deriva españolista PPdeG agarda rache todas as marcas, incluída a deste xaneiro, cando se encheu o Obradoiro nun día laborábel.

 

Na fronte política, ademais dos nacionalistas, que controlan a maioría da Plataforma, e de Esquerda Unida, o PSdeG xa anunciou a súa asistencia, aínda que fica a dúbida se asistirá Francisco Caamaño, ministro de Xustiza.

O PP agarda que escampe

Na Nécora son conscientes de que a lingua é un dos seus principais problemas. Por iso os conservadores miden os tempos da tramitación do Decreto do Galego, paralizado tras a negativa non vinculante do Consello Escolar.

Malia que a marxe para tramitalo no Parlamento a tempo de que estea listo para o próximo curso é reducida, a polémica 'contrarreforma' non chegará ao Hórreo até despois do Día das Letras. Tampouco haberá, polo menos nas vindeiras semanas, traducións ao español de Castelao no Parlamento.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

16 Anxo

O primeiro reich feixista, dispois da epoca de Franco e Fraga na Galiza, conduce firmemente os principios da dereita mais reccionaria de europa, aspecto probado fielmente, a un exito total para a patria española, baixo o paraugas da liberdade de idioma consigue adormecer o galego no desvan dos monxes, será vitoreado polas huestedes savandixas do imperio español o reconquistador, demostra que en epocas de democracia tamén se pode esmagar o galego. O que resulta imposibel de entender para isos mesquinos é que a forza do noso amor por Galiza non poden derrubala, e sempre seguira acesa, alumiando con luz propia no firmamento das linguas e das nacions.

15 Rayleigh

Coidado...un Troll anda solto. Só fáltalle poñerse o alcume que máis lle pega: Hitler. Todos alcumes relacionados coa II Guerra Mundial: Aliados, Alamein, Midway...E seguro que o/a "intelixente" pensa que é moi listo/a que ninguén vai reparar niso. Digo eu...hai algunha intelixencia no bando de Galicia Bilingüe?? Cada vez o dubido máis.

1 Pataquiña de abaixo

A pouco que acordaras, decatáríaste de que para vos deixaron os alcumes relacionados con Hitler, Mussolini e demáis, porque sodes os totalitarios os que queredes impoñervos aos demócratas... Nas urnas encontraredes o voso Alamein, Midway e Normandía. Feijóo, saca o decreto!!

2 Rayleigh

É verdade! Quero impoñer! Quero prohibir! Quero perseguir! Quero extinguir! Tiven unha infancia difícil, e de seguro que o letón e o idioma español teñen a culpa de todo. Por iso agora os persigo, eu e os meus amigos do BNG-IMPOSICIÓN, SA,CARRUMERIO.

3 Rayleigh

jejeje...Gustoute o meu nick, Troll?? Sabes que GC ten acceso a IP de quen escribe?? A que te apostas que a miña e maila a túa non coinciden? Ten que ser moi triste a túa vida, non? Vaia por Deus..E todo por saca-lo evidente cando te creías tan listo.

14 uno de caztillalamanchita

Pois a min góstame o goberno de FEyJONS. Está no seu papel. Y los españolez de cualquiera sitio debemos de hablar como los de Madríz si queremos ser españolez de verdáz, sinó eztaremoz traizionando al Ziz, que tanto trabajo yevó pa juntar tantas tierras de nueztra Ezpaña. Viva Ezpaña una, grande, indivizible y caztellana.

1 Un de Vigo

Non sei que che fixeron os de Albacete, pero coido que non son maneiras, meterse cos de Castela para reafirmar o proprio é ben triste, ho.

2 o de antes

castilla la manchita non é albacete, en todo caso será a terra de nacemento de don josé bono e parte de castilla la mancha. castilla la manchita, por facer unha graza, que pode desgustarche se queres, estás no teu dereito, pretendía ser un chiste: la manchita de castilla extendiéndose por toda la península e islas adyacentes. non busques polémica onde non debe habela. o fundamental é que algúns entenden ser español con ser castelán.

3 Un de Vigo

home, pois parece unha coña tan graciosa coma cando sae algún imitando o noso acento e facendo o parvo.

4 Rayleigh

Os que queren impoñer o galego non teñen mellor que facer. Se se adicaran a facer poemas en galego en vez odiar ao próximo, mellor lle sería. Por certo, viva España! A por el Mundial! Volveremos a encher a Praza Roxa de Santiago, como na Eurocopa, e uns cantarán ¡¡goool!! en galego, outros en castelán, e todos tan contentos.

13 Os Aliados contra o Eixo.

Arrepía ver tanto nacionalista totalitario perseguíndome para que deixe de falar español. Non ides poder!! Falarei español cando me pete!!! Feijóo: Cambia a Lei de Normalización Lingüística: O español é lingua propia de toda España, tamén, polo tanto, de Galicia; e ao falar en español, queremos dicir os topónimos en español, non noutro idioma!!

1 Rayleigh

Eing?? Bebeches metílico, non si?? A ver se os bífidos deixades de aceptar botelliñas do lícor caseiro de Glory Lake. Paréceme ben o dos topónimos. Pero cando digas en español, di en español TODOS. Así poderás presumir de ir a Celda Nueva, San Ginés, Alfareros, El Roblecito. Verás o ridículo máis espantoso que fas. Iso sen contar con que moitos nin saberás de que estás falando. E que os bífidos, os vosos complexos son tan grandes que caedes no ridículo máis espantoso.

2 Michael Jackson.

Como se chame en español cada vila, cada cidade e cada pobo de Galicia, dirao a Real Academia Española de la Lengua, non a Real Academia Galega.

3 Teixido

Sobre o idioma español, nin a Xunta nin a Real Academia Galega teñen xurisdición; tampouco en materia de topónimos. A RAE é a única competente. Feijóo, cambia a Ley de Normalización! Queremos bilingüismo, como no Canadá!!

4 Rayleigh

Convencíchesme. Fágome do PP: Feijóo, saca o decreto!! Estou farto da imposición bipartita!!

5 Rayleigh

Ahhh...así que aceptades o nome dunha localidade que decidan unhas persoas a 600 km de distancia?? Que exemplo de non aceptar ordes de ninguén en materia lingüística!! En Canadá dixeches?? O mesmo país que un pode ser atendido en Francés en calqueira lugar do país? Se se aplicara aqui, poderíase falar en galego en Murcia. Teixido, rapaz, queres iso de verdade ou é o que te dixeron que escribiras?

12 Nai Galega

Fódanse fachas. Irei a manifestación co meu home e os meus dous neniños.

1 Normandía

O mesmo para ti. Non irá a miña muller, nin mis dous nenos, nin eu mesmo.

2 El Alamein

Os meus tampouco.

3 Bífidus Activus

Tampouco os meus, nin o meu marido nin eu.