Os defensores da lingua quentan motores para unha protesta histórica

O PSdeG adianta o seu apoio á protesta do Días da Letras, que este mércores vivirá o seu primeiro ensaio xeral cunha folga no ensino.

Por Galicia Confidencial | O Irixo | 08/05/2010 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Mocidade pola Língua, a organización de mozos da Mesa pola Normalización, convoca unha folga nos ensino secundario para o próximo mércores. Ademais haberá varias manifestacións en Vigo, Ourense, Compostela e Lugo.

Os defensores da lingua quentan así motores para a gran cita do 17 de maio. O Día das Letras Queremos Galego prepara unha manifestación en Compostela que os críticos coa deriva españolista PPdeG agarda rache todas as marcas, incluída a deste xaneiro, cando se encheu o Obradoiro nun día laborábel.

 

Na fronte política, ademais dos nacionalistas, que controlan a maioría da Plataforma, e de Esquerda Unida, o PSdeG xa anunciou a súa asistencia, aínda que fica a dúbida se asistirá Francisco Caamaño, ministro de Xustiza.

O PP agarda que escampe

Na Nécora son conscientes de que a lingua é un dos seus principais problemas. Por iso os conservadores miden os tempos da tramitación do Decreto do Galego, paralizado tras a negativa non vinculante do Consello Escolar.

Malia que a marxe para tramitalo no Parlamento a tempo de que estea listo para o próximo curso é reducida, a polémica 'contrarreforma' non chegará ao Hórreo até despois do Día das Letras. Tampouco haberá, polo menos nas vindeiras semanas, traducións ao español de Castelao no Parlamento.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

6 Arenga

O que nom entendo é que os que estam em contra do galego critiquem a maneira de defende-lo, que sigam imponhendo o castelhano e deixem que os que defendemos o galego dezidamos como faze-lo. O que nom vejo bem é a utilizaçom partidista de certos dirigentes destas organizaçons que imponhem todas as condiçons para a participaçom, sem perguntar a outros coletivos nim querendo chegar a acordos com ninguem, seguindo a doutrina de comigo e como eu quero ou contra mim.

1 Cego por non quere ver

Pois ti serás de algunha asociación moi estrana que non se pon de acordo e que non lle gusta sumarse ás mais de 600 Asociacións que si integran á Plataforma cidadá Queremos Galego!. Hai que ser moi "asocial" ou moi colega de Galicia bilingue para non poñerse de acordo coas mais de 5000 persoas que hoxe a apoian activamente. Ou das mais de 50000 persoas que si están de acordo ate o feito de ateigar Compostela apoiando coa suas presenza.

2 Arenga

Penso que estás trabucado, que a gente vaia (eu incluido) às manifestaçons organizadas por queremos galegos, e a maioria das organizaçons sumem-se nom quer dizer que dende queremos galego dialoguem algo ou intentem chegar a acordo algum, mas todo o contrário, fam o que lhes peta e nom te queda mais remédio que aceitar, já que se nom, es considerado, coma tu mesmo dis, um colega de gb.

3 ...

Non, non creo que sexas un colega de GB mais si moi resentido, e o resentimento só leva a que medre o que hoxe temos, decretazos contra o galego, funcionarios sen galego, e todo o que xa ti sabes que está a acontecer. Matar o mensaxeiro sin valorar a realidade en profundidade do traballo realizado e a dificultade que conleva non é o camiño, discrepar está ben e é lóxico pero entender o porque tamén das cousas tamén

5 Alfredp

Hai efectivamente os pseudo-patriotas pertencentes a un dos clans do BNG que fanlle máis mal que ben ao idioma pola xenreira co que o defenden sendo contrarios a forma doce do propio idioma. O que tiñan e que marchar para Corea. Por sorte o idioma é de todos e todas pq se por esa xente fose estaba morto fai moito precisamente porque provocan a reacción contraria.

1 pindo

Estaremos todos, de tódolos partidos, de ningún partido, de toda clase e condición . A defensa do idioma non é patrimonio da UPG nin de Carlos Callón.

2 O Pindo

Para min que este "pindo" non deixa de ser o "popular" Chatarras de Ferrol; luce sempre bandeira española e, nos ratos libres que son moitos, escribe contra o nacionalismo.

3 + Galego -Prexuizos

Para xente como Alfred(p?), ate recitar poesía en galego (si o fai alguén do BNG) xa é un acto estalinista. Hai quen ve a palla no ollo alleo e non ve a trabe no propio. No caso da defensa do Galego, o preocupante non será tanto o xeito de como o defenden aqueles que se preocupan por protexelo como os prexuizos e o rencor que amosan aqueles que odian aos seus defensores??

4 O Pindo

Estaremos todos, de tódolos partidos, de ningún partido, de toda clase e condición . A defensa do idioma non é patrimonio da UPG nin de Carlos Callón.

5 Para O Pindo

Quen é ese Chatarras que en tódolos foros acabades falando del?

4 Xoana

O primeiro que debéramos facer co galego, é falalo, e usálo na escrita, e despois........asistir a tódalas manifestacións e apoios na DEFENSA do NOSO IDIOMA, o IDIOMA dos antergos e de tódalas xentes de BEN desta terra.

3 David

Seguro que van todos los liberados sindicales y los profesionales de la política a pillar una buena cogorza a Santiago. Por cierto que poniendo a lo más fanático y zumbado del panorama político gallego en primera fila cantando puño en alto, entre un montón de estrellas rojas, como si se estuviera en Corea del Norte, flaco favor se hace en gallego. El muro de Berlín cayó hace mucho y aquí hay gente que todavía no se ha enterado

1 O Pindo

Ti si que sabes defender o galego, eso si, en español.

2 Lobo

Cando vexo ós Upegallos co puño levantado cando soa un himno interclasista como é o Himno Galego( non é a Internacional), me desestabiliso coa risa

2 Gamela

Se queceramos o corpo sachando e limpando os vieiros do Courel teríamos un país enteiro detrás berrando: TERRA VIVA e VIDA DIGNA ! En galego sí, en galego VIVO e festivo, non nisa filoloxía morta que busca instalarse nas Institucións sen mirar ás xentes do común. http://galizanonsevende.org/?p=981 Hai moito que facer nesta terra... xa basta de pasear por Santiago!

1 Chalana

Aínda pensarás que os que a Santiago acudirmos o 17, só nos adicamos a pasear por Santiago. Somos moitos que non paramos en todo o ano, en asociacións de veciños, dinamizando a cultura das nosas vilas, rozando á desbrozadora os camiños veciñais,etc... pero non andamos a rosmar laidos rencoros. Traballamos de cotío meu rei

2 Gamela

Sí sí pero escoita o minuto 5' deste video e igual entendes o que quero dicir... http://www.youtube.com/watch?v=G1Nk...

3 Gamela

Perdón para ser exactos é o minuto 4'30'' Saúde!

4 Chalana

Entendo perfectamente, o que non entendo é o de " Hai moito que facer nesta terra... xa basta de pasear por Santiago!". De quen tedes moito que aprender édos defensores da lingua no xeito de traballar, charlas, presentación , ruadas, festivais, poesia, correlinguas, activismo cultural ademais de ateigar Santiago e que suma apoios dia a dia contra todo apoio institucional e mediático. Iso é o que ten que aprender Galicia non se vende, pois somos tamén milleiros os que defendemos a natureza do país pero non vemos moito ánimo nin moito xeito nas suas actividades aínda que participamos nas suas manifestacións. A xente gánase e iso aínda non o conseguiron porque? que o consulten coa almofada

5 Gamela

Certo que o activismo 'cultural' é importante e que tendo detrás a estructura e os cartos dun partido político ou dun sindicato as cousas sempre teñen máis forza (ou máis visibilidade, que non sei se será o mesmo ? )... Pero acordarás que iso da 'cultura' nace da 'agricultura' e ó mellor si esa inmensa marea de homes e mulleres adicaran unha hora á semana a proxectos que PERDURASEN NO TEMPO e NA TERRA penso que podiamos seguir falando galego e 'traballando' por Galicia con máis proxección de futuro. Un bo exemplo que non sairá xamáis nas primeiras planas dos periódicos: http://www.fundaciongaliciaverde.or... Saúde e Terra Viva e Vida Digna para TODOS !!!