Os defensores da lingua quentan motores para unha protesta histórica

O PSdeG adianta o seu apoio á protesta do Días da Letras, que este mércores vivirá o seu primeiro ensaio xeral cunha folga no ensino.

Por Galicia Confidencial | O Irixo | 08/05/2010 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Mocidade pola Língua, a organización de mozos da Mesa pola Normalización, convoca unha folga nos ensino secundario para o próximo mércores. Ademais haberá varias manifestacións en Vigo, Ourense, Compostela e Lugo.

Os defensores da lingua quentan así motores para a gran cita do 17 de maio. O Día das Letras Queremos Galego prepara unha manifestación en Compostela que os críticos coa deriva españolista PPdeG agarda rache todas as marcas, incluída a deste xaneiro, cando se encheu o Obradoiro nun día laborábel.

 

Na fronte política, ademais dos nacionalistas, que controlan a maioría da Plataforma, e de Esquerda Unida, o PSdeG xa anunciou a súa asistencia, aínda que fica a dúbida se asistirá Francisco Caamaño, ministro de Xustiza.

O PP agarda que escampe

Na Nécora son conscientes de que a lingua é un dos seus principais problemas. Por iso os conservadores miden os tempos da tramitación do Decreto do Galego, paralizado tras a negativa non vinculante do Consello Escolar.

Malia que a marxe para tramitalo no Parlamento a tempo de que estea listo para o próximo curso é reducida, a polémica 'contrarreforma' non chegará ao Hórreo até despois do Día das Letras. Tampouco haberá, polo menos nas vindeiras semanas, traducións ao español de Castelao no Parlamento.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

1 Carmen

Los defensores de la lengua lo que tenían que hacer es menos lucha política y partidista. Lo único que están consiguiendo con estas manifestaciones es que la gente acabe apoyando el decreto de Feijoo.

1 Pedro

Si oh, ninguén pode negar que Feijoo puxo a todo deus dacordo en algo, unidade total polo rexeitamento do seu decretazo unilateral contra o Galego. O de Feijoo si que é política partidista unilateral e impositora, agora será loado pola prensa de ultradereita dos mentideiros madrileños