A Xunta reduce ao 40% a abstención na 'reválida' de 3º de primaria, que os sindicatos elevan ao 80%

A celebración das probas de diagnóstico de 3º de primaria, as chamadas 'reválidas', provocou un novo baile de cifras entre a Xunta e as organizacións que chamaban ao 'boicot' contra este modelo, que calculan a abstención do alumnado nun 40 e nun 80 por cento, respectivamente.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2017 | Actualizada ás 17:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A celebración das probas de diagnóstico de 3º de primaria, as chamadas 'reválidas', provocou un novo baile de cifras entre a Xunta e as organizacións que chamaban ao 'boicot' contra este modelo, que calculan a abstención do alumnado nun 40 e nun 80 por cento, respectivamente.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacou a "normalidade" coa que se está desenvolvendo estas probas, que continuarán este mércores, elevando a participación a máis do 60 por cento do alumnado matriculado neste curso, segundo "estimacións provisionais".

Neste sentido, o departamento dirixido polo conselleiro Román Rodríguez reiterou que a avaliación é o "froito dun acordo unánime" entre as comunidades autónomas, que se realiza no conxunto de centros educativos e cuxos resultados "non teñen efecto sobre o expediente académico dos nenos".

"Deben entenderse como unha ferramenta metodolóxica máis que complementa á avaliación continua", defendeu, insistindo en que permiten obter "información comparada do sistema educativo para poder deseñar programas de mellora máis adecuados ás posibles carencias que se poidan detectar".

Desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino non o teñen tan claro e critican que estes exames "someten ao alumnado a unha tensión innecesaria" e "pon en cuestión o traballo do profesorado".

A entidade que aglutina a organizacións como CIG-Ensino, Anpas Galegas ou o BNG, entre outras, rexeita os datos da Xunta e eleva ao 80 por cento as familias que decidiron non enviar aos seus fillos a clase durante a celebración da 'reválida'.

"Agradecemos ás familias o esforzo realizado para volver evidenciar a súa oposición á Lomce", sinalou, destacando a "contundente resposta" a este modelo que "introduce os fundamentos do neoliberalismo competitivo e segregador".

Por iso esperan que, "á vista dos datos", a Xunta "non continúe coa mentira e acepte que estas probas o único que diagnostican, de maneira democrática e contundente, é a oposición das familias, da comunidade educativa e da sociedade no seu conxunto a que se siga aplicando a Lomce", destacou Anxo Louzao, portavoz da entidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta