As promesas do candidato

Cada vez que Mariano Rajoy anuncia medidas concretas para combater a crise económica semella que asistimos á simulación da chegada dun novo mesías que conducirá ao pobo doente á terra prometida da prosperidade.

Por Xesús Veiga | Santiago | 05/06/2010

Comparte esta noticia

Escoitemos o que nos di o líder emerxente.Hai que eliminar as precampañas electorais para non gastar tanto e hai que prohibir por lei a existencia de déficit nas contas das administracións públicas.

En qué consiste e cando comeza a precampaña electoral?O dirixente do PP non quixo despexar a néboa do pantano no que se meteu a pesar de saber o que din os manuais de marketing político: a noite na que se coñecen os resultados dun comicio constitúe o primeiro paso da carreira para a seguinte cita coas urnas.Rajoy tiña unha proposta concreta, posíbel e contundente:eliminar o mailing (ou sexa:o envío previo de sobres e papeletas ao corpo electoral) que realizan os partidos con representación institucional e que paga a Administración pública.E tamén podía propor algunha outra igualmente precisa e viábel:reducir notabelmente os limites permitidos para o gasto rexistrado nos quince días oficiais de campaña.Preferiu a retórica da música ao compromiso vinculante da letra.

A iniciativa sobre o déficit descobre algo mais da súa axenda oculta para a Moncloa.Por se alguén tiña dúbidas, o anuncio deixa claro que o autogoberno das CC.AA. e a autonomía dos concellos serán inmoladas no altar da centralización “manu militari” das finanzas públicas.Feijoo, Aguirre, Camps ou Gallardón só poderán aspirar a mirar e a dar tabaco ao presidente salvador.A lóxica económica resolverá o resto.Se non hai déficit e non se soben algúns impostos (e non digamos se pretende executar a prometida rebaixa fiscal) as tesoiras percorrerán todos os capítulos do gasto, sen as contemplacións dun goberno condicionado por un electorado de esquerdas:conxelación ou diminución das retribucións dos empregados públicos, endurecemento das condicións requiridas para acceder ás pensións, introdución do copago sanitario, reconsideración da lei de dependencia, redución dos investimentos públicos...E de sobremesa:vender os poucos activos empresariais públicos que sobreviviron ás privatizacións de González e Aznar.

Os seus admiradores dirán que non.Que Mariano Rajoy é capaz de cadrar o círculo da eliminación do déficit –por decreto- e o mantemento das prestacións básicas dun Estado de benestar.Ter fe é crer non que non se ve.Para desgraza de D. Mariano as hemerotecas non lle afectan só a Rodríguez Zapatero.Viaxemos ao 11 de Novembro de 2003 no Foro Nueva Economía:”Rajoy promete lograr o pleno emprego en 2010 mediante unha reforma laboral”.Daquela o paraíso laboral parecía posíbel (os fiscais xa existían dende moi atrás).Hoxe, padecendo a resaca da orxía inmobiliaria, as promesas do candidato semellan o tremor da montaña que precede ao nacemento dun rato.Ollo:con minúscula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.