A Xunta organiza campos de traballo en Cerdedo-Cotobade e Vilanova de Arousa

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou este martes dous convenios de colaboración cos concellos de Vilanova de Arousa e Cercedo-Cotobade que permitirán o desenvolvemento de dous campos de traballo nestes municipios pontevedreses.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2017 | Actualizada ás 17:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou este martes dous convenios de colaboración cos concellos de Vilanova de Arousa e Cercedo-Cotobade que permitirán o desenvolvemento de dous campos de traballo nestes municipios pontevedreses.

Estas dúas convivencias están abertas á participación de mozos procedentes de países estranxeiros. En canto á temática, o de Cercedo-Cotabade reunirá baixo o título 'Un rural de cinema' a 20 mozos que realizarán unha curtametraxe sobre o valor social e cultural do rural galego.

Mentres, o de Vilanova de Arousa terá como actividade principal a limpeza da senda da costa do Terrón-Patiñas, de gran valor ecolóxico e turístico que transcorre pola zona norte deste municipio.

Durante o acto de firma, que tivo lugar nas dependencias da delegación territorial da Xunta en Pontevedra, Rey Varela destacou que a campaña galega de verán dirixida á mocidade é "a máis importante de toda España" cunha oferta superior ás 9.500 prazas en campos de traballo, campamentos, albergues e actividades para xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Ademais, o titular de Política Social lembrou que a oferta estival na provincia de Pontevedra complétase coas 120 prazas dos campos de traballo emprazados nas Illas Cíes.

Rey Varela destacou que este verán os mozos galegos poderán escoller entre participar nos 28 campos de traballo que se organizan no catro provincias galegas ou ben elixir as prazas que se ofertan en campos no estranxeiro e noutras comunidades autónomas.

O conselleiro valorou estes campos de traballo como "unha excelente ferramenta de educación non formal para a xente nova" que ademais "axuda a dinamizar a vida xuvenil nos concellos galegos onde teñen lugar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta