"Gloria Lago compara os libros de Xerais co Mein Kampf de Adolf Hitler"

Galicia Confidencial reproduce o texto publicado polas mocidades do BNG en Vigo, polo cal a líder de Galicia Bilingüe demanda unha multa de 30.000 euros.

Por Galicia Confidencial | | 28/06/2010 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O día 1 será o acto de conciliación previo a probábel demanda de Gloria Lago contra Galiza Nova. As mocidades do BNG xa convocaron unha concentración fronte aos xulgados de Vigo, aos que acudirá a súa secretaria xeral.

Iria Aboi previsiblemente non aceptará conciliación algunha. Ao final a demanada da presidenta de Galicia Bilingüe chegará aos tribunais. Galicia Confidencial publica hoxe o texto completo motivo da polémica, que Galiza Nova non facilitou inicialmente aos medios na rolda de prensa para informar do preito. O texto reproducito e copia literal do publicado orixinalmente en Ådiante! , voceiro na cidade olívica das mocidades da fronte.

No comunicado, citando fontes do alumnado, as mocidades do BNG alertan de que Lago excede a súa liberdade de cátedra para "lanzar consignas de corte idiolóxico" nas clases de secundaria:

"Denuncian adoutrinamento e autoritarismo "bilingüe" no I.E.S. San Tomé

Varios compañeiros da Asemblea Local de Galiza Nova en Vigo mantiveron un encontro co alumnado e algúns profesores do IES San tomé, na que nos informaron da situación que se vive no centro no que imparten aulas Gloria Lago e José Manuel Pousada, fundadores e principais activos da organización españolista "Galicia-Bilingüe".

Segundo afirman o ambiente que se respira no centro é de tensión, derivada da presunta actividade de proselitismo ideolóxico de Gloria Lag,q ue seica aproveita calquera escusa para no marco das aulas de inglés que imparte adoutrinar ao alumnado nas súas teses antigalegas. As xuntanzas do claustro tampouco están exentas das soflamas ideolóxicas de quen se define cinicamente como defensora da liberdade, nun comportamento que mesmo caulifican de "obsesivo".

A información que nos trasladou o alumnado a respecto das clases de inglés impartidas pola Presidenta de "Galicia Bilingüe" é especialmente preocupante. Denuncian que ademais de chegar sistematicamente tarde a clase, durante o tempo efectivo da mesma sempre atpa algunha portunidade para falar da súa vida privada, lanzar consignas de corte ideolóxico, nas que mesmo equipara os libros de texto da editorial Xerais con obras literarias do nazis,o como o 'Mein Kampf' de Adolf Hitler, afirmar que detrás das políticas de promoción do idioma están escuros intereses, ameazar coa expulsión do aula dun alumno por portar unha chapa alusiva ao galego, ou expulsar a outro por levar unha camisola cunha estrela vermella, baixo o totalitario argumento de que non permite que na súa clase se porten insignias (pola contra o seu colectivo ten empapelado o centro con cartaces das súas campañas).

A gravidade dos feitos que non trasladaron coidamos que debe ser obxecto da Inspección Educativa, destacademente no referido ao autoritarismo disciplinario totalmente arbitrario, ou o adoutrinamento que non se pode xustificar trala liberdade de cátedra no exercicio docente".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

14 MestraGalega

Extranho casal. A do metílico, unha tola fanática, o fillo do loitador, um parvo do caralho.

13 Adolfo

Galicia Bilingüe é unha seita relixiosa, estilo OPUS. Gloria Lago, pola súa parte, é unha resentida, persoal e profesionalmente, que xa vai vella e padece esquizofrenia paranoide, polo que non sería de estranar que saíse cunha navalla de Albacete para asasinar aos seus alumnos.

12 cachodunto

Hai moito profesor inepto e se a tipa quere comparar, que compare, non sei que tedes vos que metervos nesas cousas, para ela vos sodes igual de nazis que ela para vos.

11 PAPUXA

A Belén Esteban do profesorado (co repecto debido á Esteban)

10 Lorena

A inspección educativa está moi ocupada en apoiar o director do colexio de Tui que censurou un papel do equipo de normalización: http://www.slideshare.net/CGENDL/en... Para eso si que traballan: http://www.scribd.com/doc/32331574/...

1 Gamela

Non me estraña nada vindo do Fraga Boullosa todo é pouco... Este individuo fora Delegado Provincial cos gobernos do PP de Fraga... a ver cando empezan a xubilar a estas rémoras!

2 Ins-pectore

A inspección educativa podía centrarse dunha vez en solucionar as enormes inxusticias e a doble vara de medir que ten respecto da CONCERTADA, que lles permite seleccionar alumnado (nada de inmigrantes, xitanos, etc...) non dar A.E. se non todo relixión, cobrar por actividades complementarias dentro do horario escolar, non cumplir ratios nin decretos, ter alumnado segregado por sexo, etc, etc, etc, etc, etc, etc...todo elo en perxuicio da PÚBLICA: merda de inspección educativa, a vivir que son dous días, desertores da tiza.