"Gloria Lago compara os libros de Xerais co Mein Kampf de Adolf Hitler"

Galicia Confidencial reproduce o texto publicado polas mocidades do BNG en Vigo, polo cal a líder de Galicia Bilingüe demanda unha multa de 30.000 euros.

Por Galicia Confidencial | | 28/06/2010 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O día 1 será o acto de conciliación previo a probábel demanda de Gloria Lago contra Galiza Nova. As mocidades do BNG xa convocaron unha concentración fronte aos xulgados de Vigo, aos que acudirá a súa secretaria xeral.

Iria Aboi previsiblemente non aceptará conciliación algunha. Ao final a demanada da presidenta de Galicia Bilingüe chegará aos tribunais. Galicia Confidencial publica hoxe o texto completo motivo da polémica, que Galiza Nova non facilitou inicialmente aos medios na rolda de prensa para informar do preito. O texto reproducito e copia literal do publicado orixinalmente en Ådiante! , voceiro na cidade olívica das mocidades da fronte.

No comunicado, citando fontes do alumnado, as mocidades do BNG alertan de que Lago excede a súa liberdade de cátedra para "lanzar consignas de corte idiolóxico" nas clases de secundaria:

"Denuncian adoutrinamento e autoritarismo "bilingüe" no I.E.S. San Tomé

Varios compañeiros da Asemblea Local de Galiza Nova en Vigo mantiveron un encontro co alumnado e algúns profesores do IES San tomé, na que nos informaron da situación que se vive no centro no que imparten aulas Gloria Lago e José Manuel Pousada, fundadores e principais activos da organización españolista "Galicia-Bilingüe".

Segundo afirman o ambiente que se respira no centro é de tensión, derivada da presunta actividade de proselitismo ideolóxico de Gloria Lag,q ue seica aproveita calquera escusa para no marco das aulas de inglés que imparte adoutrinar ao alumnado nas súas teses antigalegas. As xuntanzas do claustro tampouco están exentas das soflamas ideolóxicas de quen se define cinicamente como defensora da liberdade, nun comportamento que mesmo caulifican de "obsesivo".

A información que nos trasladou o alumnado a respecto das clases de inglés impartidas pola Presidenta de "Galicia Bilingüe" é especialmente preocupante. Denuncian que ademais de chegar sistematicamente tarde a clase, durante o tempo efectivo da mesma sempre atpa algunha portunidade para falar da súa vida privada, lanzar consignas de corte ideolóxico, nas que mesmo equipara os libros de texto da editorial Xerais con obras literarias do nazis,o como o 'Mein Kampf' de Adolf Hitler, afirmar que detrás das políticas de promoción do idioma están escuros intereses, ameazar coa expulsión do aula dun alumno por portar unha chapa alusiva ao galego, ou expulsar a outro por levar unha camisola cunha estrela vermella, baixo o totalitario argumento de que non permite que na súa clase se porten insignias (pola contra o seu colectivo ten empapelado o centro con cartaces das súas campañas).

A gravidade dos feitos que non trasladaron coidamos que debe ser obxecto da Inspección Educativa, destacademente no referido ao autoritarismo disciplinario totalmente arbitrario, ou o adoutrinamento que non se pode xustificar trala liberdade de cátedra no exercicio docente".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

4 Xoanma Rial

A ver... en serio este é o texto polo que se denuncia a Galiza Nova e a Iria Aboi?!?! En serio?!?! Leelo e entender quén é a feixista nesta historia é unha mesma cousa. Non coincido normalmente nin con moitas das ideas que defenden Galiza Nova nin con moitas das que defende a señorita Aboi (sin retranca o de señorita, ollo), pero desta volta teño claro o que teño que facer: facer todo o posibel por estar alí para apoiala e difundir o tema para que outros vaian si poden. E por certo, o nome que deixo é real, por si a Lagoa o precisa.

3 vulgaridade

Quere glória ter, non un minuto de glória, senón a vida enteira na glória, e claro o discurso que practica esgótase en si mesmo, non ten máis percorrido, co cal glória ten que seguir con estas lérias pra poder seguir na glória. ¿Cál será o seguinte movemento "glorioso"?

2 pepe

Se realmente fose así, esa chusma filoespañola de galicia bilingüe sería a primeira en vestir as camisas pardas. Ao cabo, non son máis que falangistas reciclados, e algúns sin reciclar tan sequera.

1 anonimo

Completamente de acuerdo. Las similitudes entre los programas políticos y los comportamientos de los nacionalsocialistas gallegos y alemanes son enormes. La tensión la crea Galiza Nova y sus compañeros de AMI amenazando y atacando el ejercicio de la libertad de expresión

1 Cabaleiro

Querida Gloria Lake (anónimo), para o que parece a túa desgraza xa estás reducida a categoria de anécdota menor motivo de mofa, a altura de Paco Porras, o Doutor Rosado ou Yola Berrocal. O tempo é implacable coa estupidez humana.

2 Lucía

o nacionalismo español ( te lo escribo en castellano par que me enteindas anónimo) es el que se parece al nazi. Ahí está gente como Gloria LAgo y todos los que rechazan el gallego ( por ideología falangista como bien dijo alguno aquí o porque son desertores del arado y no aprecian el gallego porque les parece paleto y los paletos son ellos por llevar la boina calada hasta las cejas, aunque no sea visible..Esos son los dos tipos de galegófobos que conozco. pienso que atacar una lengua es de gente inculta, desrespetuosa, bruta y otros apelativos que me reservo. El haberla escuchado desde niña me ha ayudado para la comprensión de otras como el portugués, ...no lo chapurreo a la gallega, lo habl; francés, inglés y estoy aprendiendo chino y árabe...En fin, que no tengo una mente cuadriculada como la tuya, anónimo.

3 David

Desdichado Cabaleiro No te veo capacitado para dar lecciones a nadie. Si tan poco es Gloria Lago, ¿por qué hablais tanto de ella?

4 Cabaleiro

David pequeño Cid de la sin par Glory Lake, no sabes gallego o al menos no lo entiende tu cerebro de mono lingüe. Estoy diciendo que la gran diva atlántica del español por cojones, ha perdido el favor de fundamentalistas como Rueda que la ven y hablan de ella en los cenáculos como un problema para su partido a la altura del Bartolin aquel que se secuestró así mismo en nombre de ETA.

5 anonimo

Soy el anónimo del primer mensaje. No conozco de nada a Gloria Lago, pero admiro su integridad y su capacidad de lucha. Podría haber ido en un puesto seguro de la lista del PP por Pontevedra y no quiso. Su página web está en los dos idiomas oficiales de Galicia, y por otro lado lleva dos años sufriendo el acoso violento de grupos radicales galleguistas.

6 Rayleigh

jajajajaja...Quéresme dicir que un partido cunha disciplina tan férrea como o PP, ofreceronlle ir de 2º de Feijoó (isto o lin doutra bífida)?? Si home!! E eu son millonario. Que humilde a muller. Se o que pior levou foi que non a nomearan Directora Xeral de Normalización!! Por iso non pode ver ó Xudas Angel Lorenzo a pesares dos intentos deste por caerlle simpático. Esta quere chegar as municipais para seguir tocando as narices, pero o tempo xoga na súa contra.

7 Teresa S.

Rayleigh, eu tamén a escoitei decir que tiña a oferta pola provincia de Pontevedra.Falou de un moi bó posto. De feito, penso que ten a entrevista na súa web. Foi na tvg, en foro aberto. Ainda non escoitei ao PPdG, confirmar o dito pero tampouco o contrario. Si teño lido que están de ela até as mismas....usárona e agora estorba.

8 Eugenio Pombo

Están fartos de esa tipa,en Lalín e Silleda polo tema do galego déronse de baixa case 800 persoas da militancia.Si lle ofreceron o posto ese no Partido Podre a Glorita Lake.O que si ten a Glori Lake e vixiancia policial continua.Saúdos.

9 Rayleigh

E se ten vixiancia continua...como demo podenlle facer pintadas na porta da súa casa? Ou como é posible que lle pinten os coches? A no ser...bueno, non o digo por se me pon unha denuncia.

10 Eugenio Pombo

O dia que lle foderon o coche branco na rua e apareceron as pintadas coa diana na sua casa o parecer non sei por que tema fora non tivera vixianza policial e mira ti por onde fanlle iso....blanco e en botella,xa me dirás ti que pensarás pero ou foron eles para"publicitarse"ou a vixiancia ten unha "contravixiancia"....de tódolos xeitos e moita coincidencia non crees.

11 Rayleigh

Por iso, por iso...Demasiadas casualidades ocorren con esta asociación. E mira que se escribiu sobre esta señora!! Mira que se lle chamou de todo...e precisamente agora? Recordemos que estos non convocan un acto en condicións dende hai meses.

12 Eugenio Pombo

Si eu che puidera contar a información da que dispoño que se está a manexar nas investigacións....quedas parvo.

13 maruxo

coño!conta... conta... non nos deixes así....