María Mariño, campioa de España

A tiradora galega do Club de Esgrima de Vigo El Olivo venceu na final de florete por 15-12 á madrileña Ariadna Castro. A viguesa, coa clasificación xa acadada, pendente da Federación Española para acudir ao Mundial.

Por gcdeportes | Vigo | 25/06/2017 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A galega María Mariño ven de proclamarse esta fin de semana campioa de España de florete en Valladolid. A viguesa derrotou na gran final á madrileña Ariadna Castro, e tras acadar o triunfo non puido conter as bágoas pola emoción do título.

María Mariño estará no pre-olímpico de Praga buscando praza para Río.
María Mariño estará no pre-olímpico de Praga buscando praza para Río. | Fonte: @RfeeEsp

Na modalidade de florete, participaron en Valladolid 25 tiradoras. María Mariño foi 5ª na fase inicial de poules e quedou exenta da primeira rolda. En oitavos de final, venceu 15-9 a Laura Alonso e 15-7 a Diana Victoria Mondéjar en cuartos. Xa nas semifinais, a viguesa gañou 15-11 a Cristina García Mendicino, que eliminara antes a tamén viguesa Irene Romero (15-4). E na gran final, Mariño venceu 15-12 á madrileña Ariadna Castro.

“Comecei o asalto con moitos nervios e se me puxo un pouco costa arriba. Pero ao final, fun capaz de poñer un chisco a cabeza fría e ser valente. Quédome con iso”, apuntou a viguesa sobre a súa remontada na final. “CAMPEONA DE ESPAÑA. Muy feliz con este resultado. Gracias a todos los que día a día me ayudan para conseguir mis sueños y a aquellos que me dan su apoyo incondicional”, escribiu a deportista galega na súa conta de Instagram (@mariamabla3).

María Mariño ten xa no peto a clasificación para o vindeiro Mundial, pero as limitacións económicas da Federación Española de Esgrima poderían deixala sen participar. “Pretendo non pensalo demasiado, porque ao final o meu traballo durante toda a tempada xa está feito, xa non hai nada máis que demostrar. É decisión deles, cuestións de pasta sempre, unha mágoa peno non podo facer moito máis. Coido que cumprín coa miña parte, e a ver agora que din”.

María Mariño, coa copa de campioa en Valladolid.
María Mariño, coa copa de campioa en Valladolid. | Fonte: @TVGalicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta