O barco ‘Open Arms’ parte da Coruña para salvar vidas no Mediterráneo

O barco remodelado para a ONG Proactiva Open Arms sumarase ás tarefas de rescate de refuxiados en augas mediterráneas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/06/2017 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O barco 'Open Arms', que foi doado pola navieira Ibaizabal, á ONG Proactiva Open Arms, partiu na mañá deste domingo do peirao de Batería do porto da Coruña rumbo ao Mediterráneo central para salvar vidas de persoas que escapan de guerras, pobreza ou persecución.

O barco 'Open Arms', na Coruña
O barco 'Open Arms', na Coruña | Fonte: Proactiva Open Arms.

Este barco, que ata agora foi empregado como remolcador de altura, foi remodelado integramente e acondicionado para adaptarse ás súas novas funcións no porto da Coruña durante os últimos 6 meses.

Grazas a esta doazón, Proactiva Open Arms, que foi recoñecida con numerosos premios e galardóns a nivel internacional pola súa misión humanitaria, reforzará a súa presenza no Mediterráneo central, onde xa realizan tarefas de vixilancia e salvamento humanitario con outro barco, unha zona onde só este ano morreron afogadas máis de 2.000 persoas tentando alcanzar Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta