Eva Solla receita a Villares “diálogo” para “resolver as dificultades” en En Marea

A coordinadora de Esquerda Unida advirte de que as diferenzas dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A coordinadora de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, requiriu este luns "diálogo" ao portavoz de En Marea, Luís Villares, consciente de que "as dificultades" existentes dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla

En declaracións nos corredores do Parlamento, onde comparte bancada con Villares, Solla mostrouse crítica coa formulación de ampliar a coordinadora de 11 a 15 persoas para tentar agrupar "todas as sensibilidades".

Tras puntualizar que ese asunto non foi debatido nos órganos de EU, lembrou que o seu partido xa explicitou no seu momento que non concorda co "método" co que se designou a coordinadora "porque incumpre os acordos da última asemblea de En Marea", argumentou, antes de deixar claro que a postura non variou.

Así é que, ante o aumento das discrepancias entre os distintos grupos que conforman En Marea, Eva Solla insistiu en que "a maneira de resolver as dificultades" ten que ser "en positivo" e "pola vía do diálogo". "Hai que traballar nese sentido", reclamou.

"CUMPRIR OS ACORDOS"

E, sen perder de vista esa denuncia de "incumprimento dos acordos" da anterior asemblea de En Marea, a tamén vicepresidenta segunda da Cámara xulgou "moi relevante cumprir" o aprobado.

"Nós declinamos participar nun proceso electoral como tal en pos de algo común e, cando se toman decisións nos espazos amplos, o normal é cumprir", profundou, non sen sinalar que o seu partido descoñece que cuestións se debaterán no plenario do día 15.

"Como organización, non tivemos ningún contacto nese sentido nin se nos trasladou ningunha información", remachou quen, ademais, lidera o Partido Comunista de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Loliña

9 Asesores de AGE non

Ten razón Eva 7500 euros Solla, o que hai que facer é como IU cupulear a tope e así obter postiños. Mirade Procesiones que empezou a medrar despois das cafradas de subirse o soldo ou remodelar o despacho grazas a que soubo cupulear

8 Guillerme Gintonic

https://www.infolibre.es/noticias/p...

1 arzuacapital

tu sabe mi amol como se cossinan la cosa allí? y si disientes.... os da fpg te dan un recado via Xeira. son xa residuo político os matóns de anova, a dios gracias. espero fevientemente una encíclica de Bobao

7 España va bien

Asemblea de Vigo hahaha Onde os inscritos e inscritas non puidemos modificar nada do documento inicial Ánimo Villares que estes solo fan ladrar Efectivamente no plenario xa nos veremos e haber se así quedan relaxados para unha temporada e por certo demora Eva Solla precúpese de Ferrol e o incompetente do seu alcalde, que por certo xa se ve as formas de Yoli procesiones e o putrefacto e acabado partido comunista

6 Fente

Eu como miembro de ANOVA pido a dimisión inmediata de Villares, este señor agora convertirse no perrito faldero de Palleiro e Mario

1 Záitsev

A ver si aprendes a escribir. Aínda hai escolas de noite. A ver si te enteras de que o que primeiro depuramos os comunistas é o analfabetismo.