Os traballadores de Ferrotlántica pensan nun novo calendario de mobilizacións se a Xunta non se pronuncia

Insisten na necesidade de que non se segregue a empresa e advirten que o Goberno galego será “cómplice” de Villar Mir e podería incorrer en “prevaricación” se acepta as saús condicións.

Por Galicia Confidencial | Cee | 11/07/2017 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Os traballadores de Ferroatlántica anuncian que manterán as mobilizacións se a Xunta non intervén para evitar a segregación de Ferroatlántica. E insisten en que contan co apoio dos partidos da oposición e dos concellos da Costa da Morte. “Todo este apoio é o resultado da preocupación e concienciación de toda unha comarca contra a unha decisión puramente especulativa como é a venda das centrais, que levaría a perda de centos de postos de traballo directos e indirectos e graves consecuencias económicas e sociais”, suliñan.

Protesta dos traballadores de Ferroatlántica
Protesta dos traballadores de Ferroatlántica

Desde o comité de empresa volven a manifestar que “só falarán dun proxecto industrial que se financie a través dun plan plurianual de reinversións das actividades e beneficios xerados polas concesións,”. Este plan, insisite, ten que respectar a legalidade e asumir que non hai segregación.

Por iso, instan á Xunta de Galicia a actuar e resolver negativamente a solicitude de autorización presentada pola empresa porque é coñecedora que “a claúsula que Villar Mir pretende eliminar é absolutamente válida e necesaria para protexer o interesepúblico: a actividade industrial e o emprego na costa da Morte”. “De non actuar así faría que a Xunta de Galicia, ademáis de cómplice con Villar Mir, estaría a incorrer nun posible delito de prevaricación, e de darse iríamos até as últimas consecuencias”, sentencian os traballadores.

Valoración das protestas

Por outra banda, o comité de empresa de Ferroatlántica fai a valoración sobre a manifestación do pasado sábado en Compostela. Así os representantes dos traballadores das fábricas de Cee e Dumbría agradecen a alta participación e implicación da xente da comarca, así como a implicación na marcha a pé durante os 3 días previos no que un número importante de traballadores, veciños e veciñas acompañaron o comité e fixeron noite nos concellos que “colaboraron e se solidarizaron en contra da segregación e do espolio dos recursos naturais”, manifestan dende o comité de empresa.

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
Fábrica de Ferroatlántica en Cee

Ademais, os representantes dos traballadores agradecen os compañeiros que secundaron a xornada de folga a pesar “unha vez máis do atrancos e abusivos servizos mínimos que a dirección de empresa impón”, sinalan. Tamén destacan a solidariedade dos delegados que se sumaron en Bertamiráns a marcha das fábricas que o grupo Ferroglobe ten en Francia, dos delegados da Mina de Serrabal e dos delegados membros do comité de Sabón que están “resistindo as presións, chantaxes e amezas da empresa por non querer asinar o plan industrial”, sinalan.

Representación política

Na marcha do sábado tamén houbo representación política, polo que os traballadores agradécenlle a súa presenza a todos e, especialmente, aos alcaldes dos concellos da Costa da Morte – Cee, Dumbría, Vimianzo, Mazaricos, Carnota, Zas, Corcubión, Muxía, Fisterra e Camariñas – “polo seu compromiso e unidade”. Na protesta tamén houbo representantes dos concellos de Ponteceso e Carballo, Negreira e Ames, representantes da Deputación da Coruña e do BNG, En Marea e PSdeG.

Do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta