Multa a Caixanova por non loitar e ocultar o blanqueo de capitais

A noticia saltou a primeira hora da mañá pero a esta hora as webs de case todos os grandes medios galegos gardan silencio. O Tribunal Supremo acaba de confirmar unha gran multa a Caixanova por violar as leis que prevén o lavado de cartos. Sentencia no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/08/2010 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

Caixanova terá que abonar 600.000 euros, uns cen millóns das antigas pesetas. En concreto, a entidade viguesa non lle comunicou ao Estado operacións sospeitosas de blanqueo de capital (250.000€), non identificou aos clientes desas operacións e guardar os seus documentos (75.000), non marcou normas internas contra o blanqueo de capitais (150.000) e non formou aos seus traballadores contra este delito (125.000).

Caixanova cometera esta faltas antes de 2005, cando comezou o proceso sancionador que culmina agora. A sentencia do Tribunal Supremo confirma a sanción imposta polo Ministerio de Hacienda e logo ratificada na Audiencia Nacional.

Pontevedra e o narcotráfico

A continúa vaga detencións de capos do narcotráfico na provincia de Pontevedra nesa época apunta a que estes delincuentes poderían ter aproveitado a falta de rigor de Caixanova para lavar o diñeiro, probablemente no sector do ladrillo nas zonas costeiras galegas.

O supremo confirma unha sentencia da Audiencia Nacional de hai tres anos. Todas as infraccións son de carácter grave. Polo de agora a entidade que dirixe Xulio Fernández Gayoso non fixo ningún comunicado público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 D.Rabinovich

Cuando hay una fiesta acuden a ella los VIP´´s de estas CAJAS, Mendez, Gayoso etc,etc...pero cuando el T.Supremo les mete una multa por NARCOTRAFICO (digamos que en la fase de blanqueo). ¿Donde estan estos elementos?. Cualquiera sabe que el capitan del barco es capitan aunque este durmiendo la siesta y es el maximo responsable,por lo tanto deberian rodar cabezas tanto por el delito como por la sucia imagen que genera esta noticia.

1 Lenteja

Podiamos hacer con los VIP´´s como con "TOXI VICENTI",un homenaje para que no se deprima el gozoso Gayoso.

8 Pepe de Mera

En Caja Pontevedra eso no pasaría...era una entidad con gestores y no con chupopteros seniles y de baja cualificación

1 Gamela

chamar 'gestores' a alguén que move un papel dunha mesa para outra... paréceme moito título para catro enchufados! Caja Pontevedra (?) un chiringuito para amigos (?)

7 Gamela

Interesante o apunte do contertulio Pardo de Cela sobre as implicacións do BBVA no tema do blanqueo de cartos do narcotráfico durante anos nas costas galegas (dende Noia a Ribeira todo eran cartiños frescos!) Pero calquera que coñeza o funcionamento das 'entidades bancarias' á hora de INGRESAR CARTOS poderá case 'desculpar' a CaixaNova. O que facía era o mesmo que facían TÓDOLOS DEMÁIS! ¿Por qué non investigan ao Santander? ¿Emilio Botín finnancia as campañas do PSOE e condona débedas multimillonarias para NON APARECER NA FOTO ? Repito, CaixaNova seguro que fixo o mesmo que fixeron TODOS pero non tiña padriños e agora tócalle pagar 600.000 €uros de nada! ¿Sabedes as patelas de cartos que entran nas oficiñas das rías galegas sen papel algún? Bueno eso era antes... antes de que a trama do narcotrafico se fixera con "poder político" pero esa é xa OUTRA HISTORIA!

6 buenburen

por favor, fixadevos na data da sentencia, de abril, esta nova xa saíu (ver o enlace da Voz). Será que no verán non hai noticias... http://www.lavozdegalicia.com/diner...

1 machear

na sección de "dinero", jajajajaja por pouco agáchanna na sección de necrolóxicas.

2 machear

por certo, só foi publicada na edición impresa, non na dixital...

3 xiabre

foi publicada na edición dixital pero ¿cómo?, a cousa é como é: http://montexiabre.wordpress.com/20...

5 xiabre

vencellano no meu blog... graciñas