Multa a Caixanova por non loitar e ocultar o blanqueo de capitais

A noticia saltou a primeira hora da mañá pero a esta hora as webs de case todos os grandes medios galegos gardan silencio. O Tribunal Supremo acaba de confirmar unha gran multa a Caixanova por violar as leis que prevén o lavado de cartos. Sentencia no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/08/2010 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

Caixanova terá que abonar 600.000 euros, uns cen millóns das antigas pesetas. En concreto, a entidade viguesa non lle comunicou ao Estado operacións sospeitosas de blanqueo de capital (250.000€), non identificou aos clientes desas operacións e guardar os seus documentos (75.000), non marcou normas internas contra o blanqueo de capitais (150.000) e non formou aos seus traballadores contra este delito (125.000).

Caixanova cometera esta faltas antes de 2005, cando comezou o proceso sancionador que culmina agora. A sentencia do Tribunal Supremo confirma a sanción imposta polo Ministerio de Hacienda e logo ratificada na Audiencia Nacional.

Pontevedra e o narcotráfico

A continúa vaga detencións de capos do narcotráfico na provincia de Pontevedra nesa época apunta a que estes delincuentes poderían ter aproveitado a falta de rigor de Caixanova para lavar o diñeiro, probablemente no sector do ladrillo nas zonas costeiras galegas.

O supremo confirma unha sentencia da Audiencia Nacional de hai tres anos. Todas as infraccións son de carácter grave. Polo de agora a entidade que dirixe Xulio Fernández Gayoso non fixo ningún comunicado público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Alfredo

No Faro calan...será polo banner de Caixanova na portada.

3 Pardo de Cela

Esixir responsabilidades á dirección da caixa, é o que hai que facer. Con todo para saber que bancos colaboraron no pasado cos narcos (BBVA por exemplo), ler o libro de Felipe Suárez, onde as caixas galegas, daquela catro, non aparecen.

1 namorar

e foron sancionados incluidos algúns directores de sucursais...

2 Xandokas

... a culpa é da UPG!!! (jejejeje....) Chorizos!!!!!

1 Galeguista

Outra proba máis de que hai que privatizar as caixas canto antes. Se o señor Gayoso fose responsábel cos seus cartos non tería permitido esto. Feijóo ten unha baza na man máis para botalo xa.