Temas: EN MAREA

Luís Villares afianza o seu liderado, pero nunha En Marea fracturada e cun futuro incerto

O plenario deste sábado deixa feridas abertas e posicionamentos que van ser moi difíciles de achegar. Marea Atlántica, Podemos, Anova e Esquerda Unida lideran o sector crítico, abertamente duro coa coordinadora que, malia a oposición de pesos pesados como Beiras, Ferreiro, Noriega e Suárez, mantén a confianza da maioría. Con todo, os críticos seguirán dando batalla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2017 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

O afianzamento do liderado de Luís Villares á fronte de En Marea e a fractura do partido instrumental son as dúas consecuencias máis evidentes da asemblea celebrada este sábado, á que non asistiron os alcaldes de Santiago e A Coruña, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, facendo máis visible o seu distanciamento coa actual dirección. Algo similar ocorreu co veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras, quen en días pasados chegou a avalar publicamente unha das emendas presentadas polo sector crítico con Villares: a relativa ao modelo de partido, pois, en palabras de Antón Dobao (Anova), a coordinadora está a converter En Marea nunha formación "tradicional".

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

O sector crítico leva xa tempo facendo campaña pública contra Villares e a coordinadora baixo o lema 'Recuperar En Marea', liderado fundamentalmente por Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica. Os resultados deste sábado cuestionan os seus postulados e déixaos nunha situación delicada, debilitados, aínda que estes teiman en tentar desvirtuar a vitoria de Villares. Logo do plenario non dubidaron en falar de resultado "negativo" e de "división practicamente á metade" de En Marea, mensaxes que concordan coa belixerancia coa que participaron na asemblea, con continuos reproches á outra parte, máis propios de rivais que de compañeiros, como así denunciaron algún intevenientes.

BEIRAS ABANDONOU O PLENARIO

A fractura quedou patente en verbas e xestos, como os de Xosé Manuel Beiras. Quen fora un dos principais valedores de Villares e, á postre, opositor, xesticulaba desde o seu asento, visiblemente molesto ante as apelacións ao consenso do maxistrado en excedencia. Ata o punto de que tratou de darlle a réplica, cuestión que lle foi denegada ao non solicitala seguindo o regulamento da asemblea.

Unha vez materializada a votación deste punto, a primeira das teses nas que se impuxo a visión do sector oficialista, Beiras abandonou o plenario e xa non acudiu á sesión da tarde. Quedaban por debaterse, entre outras cuestións, a carta financeira de En Marea e a continuidade de Villares como portavoz orgánico. Un xesto que supón toda unha declaración de intencións, como a ausencia dos alcaldes da Coruña e Santiago, tamén moi críticos con Villares.

Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.
Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.

HABERÁ MÁIS BATALLA

Aínda que o equipo que capitanea o lucense resultou vencedor —un termo rexeitado por el mesmo, do mesmo xeito que o de perdedor— en todos estes debates, a marxe polo que o fixo foi axustado, en torno ao 55 por cento das menos de 500 persoas que se achegaron ata o Palacio de Congresos da capital galega.

Este aspecto —o número de asistentes, en concreto, 486— é o que utilizan os críticos para advertir de que o debate non está pechado e de que non desistirán á hora de tentar construír un espazo "amplo, plural e democrático"; mentres as apelacións de Villares céntranse en "cultivar os puntos en común" e "aparcar" as cuestións nas que existen discrepancias. Os críticos argúen que o espazo de confluencia foi perdendo poder de atracción e peso, e remitíronse ás cifras de asistencia en pasadas asambleas —un millar, por exemplo, no plenario de Vigo do pasado ano— para tentar desvirtuar a vitoria do sector oficialista.

Con todo, na súa contorna son conscientes da gravidade da fractura aberta e, aínda que resaltan que se trata da segunda vez que Villares salva a proba sobre o seu liderado, nesta ocasión son moitas as feridas pendentes de restañar.

E é que as críticas abarcan o modelo de partido polo que conduce En Marea, cos municipalistas coruñeses denunciando similitudes co PSdeG —"a coordinadora converteuse nunha executiva e a portavocía, nunha secretaría xeral"— e coas súas propostas sobre os soldos que perciben os cargos públicos.

No plenario  acordouse subir estes salarios de 2.100 euros mensuais ata os 3.000 e bloqueouse a petición do sector crítico (que baixo o epígrafe 'Recuperar En Marea' agrupa parte de Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica) de fixar soldos para certos cargos orgánicos.

RENDICIÓN DE CONTAS

Outros aspectos que se abordaron neste plenario son o traballo da coordinadora e dos deputados no Parlamento e o Congreso, labores que foron referendadas pola maioría dos asistentes.

Así mesmo, En Marea fixou a súa posición en contra da maternidade subrogada e sacou adiante tamén a súa postura sobre o financiamento autonómico.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

15 Baleirario de En Marea

Tan afianzado está que xa lle está saíndo matita pelo e todo

14 Ted Flanders

Deus vos de bó entendemento....porque para Galiza non servides un pemento!

13 constiprostitucion 6 de dec

non están facendo nada polo pobo todo e interese de podreiros, son expañois, son autenticas ratas pestíferas, aquí esta o fin do viaxe o que nos levou a izquierda la unitaria de jose maria -VIEIRAS, estaras contento da que fixeches, e sobre todo malditos podreiros e demais faramalla traidora e camandulancia ignorante METICHEDES A DEREITA A GOBERNAR, METICHEDES O LADROECIO DO PEPEIRO, AUTENTICA XENTUALLA, UNS AMIGOS DE NARCOS E OUTROS AMIGOS DE METER SOBRES NOS PETOS... ningún destes seria digno de incluso algún país do terceiro mundo... aquí esta o logro da anova, reanovada en podreiros de izquierda la unitaria "la española"

12 saca harina

Un novo rexurdir, chama as traseiras das portas de anova, unha marea de cheiros van ser suposta mente enviados os medios de comunicacións para que o Villares teña que fuxir como fuxan algúns do peido dun can, veredes a un labrego no parlamento con zapatiños de 200 euros , pouco a pouco vai enterrando en esterco, a quen lle amole para facerse el so co poder, na Coruña sabémolo ven tes a faciana dun xabarín, Sanchez

11 nostrus

Las luchas entre partidarios de mareados, bloqueros y podemitas son absurdas y esteriles porque la sociedad no gana absolutamente nada. Hay que apostar por partidos respetuosos con la realidad social y lingüistica de Galicia y con la diversidad como es el caso de C´s. Apostar por el nacionalismo en cualquiera de sus olores no sirve nada mas que polarizar a la sociedad por el ruido que le mete inventando enemigos.

1 fueranostrus

mejor no apostamos por ti, que no eres más que un ignorante parásito de la sociedad

2 nostrus

El modo idoneo para administrar un territorio es aplicando politicas de derechas en lo economico y politicas de izquierda en lo social, que luego haciendo una media resultaria una politca de centro.