Temas: EN MAREA

Luís Villares afianza o seu liderado, pero nunha En Marea fracturada e cun futuro incerto

O plenario deste sábado deixa feridas abertas e posicionamentos que van ser moi difíciles de achegar. Marea Atlántica, Podemos, Anova e Esquerda Unida lideran o sector crítico, abertamente duro coa coordinadora que, malia a oposición de pesos pesados como Beiras, Ferreiro, Noriega e Suárez, mantén a confianza da maioría. Con todo, os críticos seguirán dando batalla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2017 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

O afianzamento do liderado de Luís Villares á fronte de En Marea e a fractura do partido instrumental son as dúas consecuencias máis evidentes da asemblea celebrada este sábado, á que non asistiron os alcaldes de Santiago e A Coruña, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, facendo máis visible o seu distanciamento coa actual dirección. Algo similar ocorreu co veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras, quen en días pasados chegou a avalar publicamente unha das emendas presentadas polo sector crítico con Villares: a relativa ao modelo de partido, pois, en palabras de Antón Dobao (Anova), a coordinadora está a converter En Marea nunha formación "tradicional".

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

O sector crítico leva xa tempo facendo campaña pública contra Villares e a coordinadora baixo o lema 'Recuperar En Marea', liderado fundamentalmente por Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica. Os resultados deste sábado cuestionan os seus postulados e déixaos nunha situación delicada, debilitados, aínda que estes teiman en tentar desvirtuar a vitoria de Villares. Logo do plenario non dubidaron en falar de resultado "negativo" e de "división practicamente á metade" de En Marea, mensaxes que concordan coa belixerancia coa que participaron na asemblea, con continuos reproches á outra parte, máis propios de rivais que de compañeiros, como así denunciaron algún intevenientes.

BEIRAS ABANDONOU O PLENARIO

A fractura quedou patente en verbas e xestos, como os de Xosé Manuel Beiras. Quen fora un dos principais valedores de Villares e, á postre, opositor, xesticulaba desde o seu asento, visiblemente molesto ante as apelacións ao consenso do maxistrado en excedencia. Ata o punto de que tratou de darlle a réplica, cuestión que lle foi denegada ao non solicitala seguindo o regulamento da asemblea.

Unha vez materializada a votación deste punto, a primeira das teses nas que se impuxo a visión do sector oficialista, Beiras abandonou o plenario e xa non acudiu á sesión da tarde. Quedaban por debaterse, entre outras cuestións, a carta financeira de En Marea e a continuidade de Villares como portavoz orgánico. Un xesto que supón toda unha declaración de intencións, como a ausencia dos alcaldes da Coruña e Santiago, tamén moi críticos con Villares.

Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.
Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.

HABERÁ MÁIS BATALLA

Aínda que o equipo que capitanea o lucense resultou vencedor —un termo rexeitado por el mesmo, do mesmo xeito que o de perdedor— en todos estes debates, a marxe polo que o fixo foi axustado, en torno ao 55 por cento das menos de 500 persoas que se achegaron ata o Palacio de Congresos da capital galega.

Este aspecto —o número de asistentes, en concreto, 486— é o que utilizan os críticos para advertir de que o debate non está pechado e de que non desistirán á hora de tentar construír un espazo "amplo, plural e democrático"; mentres as apelacións de Villares céntranse en "cultivar os puntos en común" e "aparcar" as cuestións nas que existen discrepancias. Os críticos argúen que o espazo de confluencia foi perdendo poder de atracción e peso, e remitíronse ás cifras de asistencia en pasadas asambleas —un millar, por exemplo, no plenario de Vigo do pasado ano— para tentar desvirtuar a vitoria do sector oficialista.

Con todo, na súa contorna son conscientes da gravidade da fractura aberta e, aínda que resaltan que se trata da segunda vez que Villares salva a proba sobre o seu liderado, nesta ocasión son moitas as feridas pendentes de restañar.

E é que as críticas abarcan o modelo de partido polo que conduce En Marea, cos municipalistas coruñeses denunciando similitudes co PSdeG —"a coordinadora converteuse nunha executiva e a portavocía, nunha secretaría xeral"— e coas súas propostas sobre os soldos que perciben os cargos públicos.

No plenario  acordouse subir estes salarios de 2.100 euros mensuais ata os 3.000 e bloqueouse a petición do sector crítico (que baixo o epígrafe 'Recuperar En Marea' agrupa parte de Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica) de fixar soldos para certos cargos orgánicos.

RENDICIÓN DE CONTAS

Outros aspectos que se abordaron neste plenario son o traballo da coordinadora e dos deputados no Parlamento e o Congreso, labores que foron referendadas pola maioría dos asistentes.

Así mesmo, En Marea fixou a súa posición en contra da maternidade subrogada e sacou adiante tamén a súa postura sobre o financiamento autonómico.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

5 Próculo Rajoy

Cuanto mejor, peor. Cuanto peor, mejor. Mejor para mí. El suyo, beneficio político.

4 Loisin

Son nacionalista, militante do Bloque, e non me gusta nada os ataques entre compañeiros: nin antes nin agora. O tempo é limitado, vai chegar o 2020 e seguirán falando do mesmo. Son cuestións menores comparado coa aniquilación de Galicia executada polo PP. Ánimo compañeiros! No futuro, como xa lin antes, só queda o entedemento coma en Portugal: Bloco, PC e Socialistas (que por certo, están a facelo moi ben)

1 Fada-lobo

Pois, sigue así, ho que vas deixar polo camiño a moitos e moitas que sen ser militantes do bloque vos apoiamos e vos sacamos "as castañas do lume" porque a ver, os vosos aínda non sei se te enteraches de como se foron e coma mesmo membros coma ti do bloque presumían de votar ás Mareas. Ver para crer. Polo menos podiades calar a boca en público e non ofender gratuitamente a xente coma min que nos deixamos a pel en defendervos. E por certo, eu xa postos prefiro semellarme ao País Vasco gobernado polo PNV aínda sendo de esquerdas. E incrible que despois do de Amio non vos decatedes de quen son e para quen traballan esta xente. Cres que é polo ben do nacionalismo? Pois vai listo o bloque con xente coma ti. Evidentemente se fose necesario habería que pactar, pero sabendo quen se ten!

2 Fada-lobo

A ver se ti e os teus "compañeiros" eses que tanto amas vos pensades que non sabemos ler: https://www.publico.pt/2017/07/16/p... A prioridade para Galicia é hoxe reforzar o nacionalismo para que non se produza unha segunda aldraxe grazas ao gravísimo dano que os teus "amiguiños" lle causaron. Non ser consciente nin da época na que se vive é a forma de cegueira ideolóxica máis brutal que existe. Dígocho eu, que non son nacionalista coma algúns destes teus "amiguiños" din ser. Vergonya, cavallers, vergonya!

3 Fada-lobo

Hai, por tanto, un interere superior para os que apoiamos o BNG, que podemos explicitar sen medo: https://www.google.es/url?sa=t&sour... . Pois, a estas alturas, sermos ou non nacionalistas non é prioritario, saber quen defende os nosos intereses si o é. Que o PNV posibilite o goberno do PP é un mal menor que desde a esquerda non debe preocuparnos. Pola contra, son modelo a seguir, rebaixan o prezo da enerxía aos bascos (sabendo que o PNV ten colocados no consello de administración de Iberdrola, desde onde se deseñan pequenas estafas, que recuperan das clases desfavorecidas, incrementando o prezo da enerxía). Anécdotas para unha esquerdista de verdade, a quen lle importan. Hai un beneficio superior, non todos serven para mamar.

4 Fada-lobo

O inimigo é quen non facilita gobernar ao PSOE, mesmo en alianza con Ciudadanos estaríamos cun goberno da esquerda. Esquezan anécdotas. Como o é que Felipe fose a X dos Gal, reciba regalos do exemplar rei de Marrocos, asesore ao millonario Carlos Slim, participe dos oligopolios con moitos exministros..., que Zapatero pactase a estabilidade co PP (sabemos, desde a esquerda, que algúns teñen que sacrificarse, mellor que se repartan as penalidades entre moitos a que uns poucos da élite sexan privados de riquezas, sería inxusto para a súa clase), ou que Pedro Sánchez ofrecera primeiro cogobernar co PP é pactase despois con Ciudadanos do Ibex... Anécdotas menores, para unha esquerdista de verdade. O asunto, ir mamando, para o cal precisamos eliminar competidores e favorecer ao PSOE. A esquerda útil para as que non somos pero parecemos...

5 Fada-lobo

Este que asina coma Fada-lobo no último comentario non son eu no que comeza coma o "inimigo". O colmo da desvergonza e roubar os nicks dos demais. Sodes patéticos. Se pensas que me vas amedrentar con isto vas listo. Ti sabes tan ben coma min, usurpador, que o podemismo non ía ofrecer nada mellor do que ti enumeras. Mira o que pasou en Grecia e entérate ben do que está a pasar en Portugal. A clave é neste caso a estrutura do estado e ti andas a desfacer calquera posibilidade neste sentido mesmo USURPANDO O MEU NICK. A saber para quen traballas ti? https://elpais.com/elpais/2016/02/1... NON AOS USURPADORES DE NICKS. E unha desvergonza.

6 Fada-lobo

Mañá mirarei a ver se hai algunha posibilidade de denunciar ao que usurpou ao meu nick. Vergonzoso que non dean a cara e que teñan que ROUBAR os nicks dos demais. Xa vedes que xente.

7 Fada-lobo

Sabes o que che pasa, usurpador de nicks, que non tes argumentos e só queres provocar... Pois vas listo. Xa nos veremos, valente. http://www.eldiario.es/rastreador/A... http://marat-asaltarloscielos.blogs... Queres máis, usurpador de nicks... Pois xa o terás. Ata o momento fun moi moderada nas miñas réplicas e ata pasei por alto moitos puntos a criticar. Agora ti acabas de traspasar a liña vermella dos límites éticos para roubarme o meu nick. E ti diste de esquerdas, usurpador de nicks? Se a esquerda es ti, mellor ser de dereitas. Coma te atreves nin a criticarme despois de roubar o meu nick. Non coñecedes a vergonza, xa o sabemos. Non aos usurpadores de nicks!

8 Loisin

Fada-lobo non te exaltes oh. Non me coñeces. Non son sospeitoso de nada. Soberanista dende fai moitos anos. Xa peino canas. As loitas intestinas levan ao perpetuo goberno do PP. É así. Non o digo eu. A historia fala. Hai que diferenciar o ideal do posíbel, a táctica da estratexia, etc etc. Ogallá o nacionalismo organizado (hoxe baixo as siglas do BNG) tivese 40 deputados no Parlamento...! Pero por desgracia non é así. Polo tanto só queda sumar galeguismo, soberanismo, independentismo... antes e despois das eleccións. Cando os avións non veñan cheos de emigrantes no Nadal, esa será a victoria do nacionalismo e do País. Mentras tantos, os discípulos de Onán estarán a discutir e a ver quen a ten máis ...

9 Fada-lobo

Si ho si, vas ti listo se pensas que estes van a contribuír a algo que non sexa dividir e buscar poltronas. A min deixádeme en paz. Retírome por unha temporada. Xa era o último que me faltaba que me roubaran o meu nick! Sabes o que che digo que de prosperar as túas teses vos coidedes dos novos "amiguiños".

3 eures

ver fracasar a Podemos na sua tentativa de tomar o control da marea, non ten prezo.

1 anonimo

Tes que graduar os lentes. Este congreso é a cea do servicio na casa do Señorito Pablito. Mataranse todo o que queiran, pero vai ser o señorito Pablito o que digan qué e como van na lista.

2 Fada-lobo

Coincido co Anónimo. Os tres alcaldiños do recambio non estaban... Está claro que xa andan a preparar outra converxencia/sinerxia para entregarse totalmente aos podemitas... Unha vez máis Beiras consegue o que sempre consegue a longo prazo: debilitar o nacionalismo galego. Eles son os vencedores, non o esquezades os que aínda vos dicides de esquerdas e moito menos os que afirmades ser nacionalistas. Lembrade a Marx: "A nosa tarefa é a crítica sen piedade e moito máis contra aparentes amigos que contra inimigos abertos".

2 viaje@itaca

Pola miña banda, como se separen, apoyo a moción: vótolle a Feijóo, que e o que significaría tal cousa, solo que eu xa directamente para que ningún destes aproveite. Ata o desto de Frente Popular de Judea-Frente Judaico Popular. Xa está ben de pensar na secta propia e logo á xente que nos den. ¿Como quere gobernar a esquerda con estas historias? E se o PP perde a maioría (C's incluido na conta, por suposto), xa poden ir pactando con PSOE. Mirade a Portugal.

1 Rafa non chores

Que bien lideras Villares melena al biento con tus irredutibles 240! Sen partidos, sen baróns, sen militancia, sin manos pero con chofer, con 4000 euros

1 afoute

ou cun chalecito feito a conta de todos nós como o chale de Feijóo