Temas: VIñO

Valdeorras fai balance da Feira do Viño

Máis de 8.000 visitantes e 7.000 degustacións no foro vitícola deste ano.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 18/07/2017 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Desde o Consello Regulador estímase que a XX Feira do Viño Valdeorras, que se celebrou a pasada fin de semana na praza barquense de Viloira, atraeu máis de 8.000 visitantes. Aproximadamente, servíronse por riba das 7.000 degustacións, unha cantidade similar á do ano pasado.

Francisco García, Pte en funcións. Foto:Ideo Comunicación
Francisco García, Pte en funcións. Foto:Ideo Comunicación

O presidente en funcións do Consello Regulador, Francisco García, agradeceu tanto ás bodegas participantes como ao público asistente a súa presenza no recinto feiral, sen os cales “non tería sido posible o éxito acadado”, e lembrou a necesidade de cara ao futuro de potenciar estratexias turísticas de calidade. Artellar circuítos turísticos arredor do viño dada a riqueza patrimonial, natural, cultural e gastronómica que ten a zona.

No relativo á XVIII Cata Oficial de Valdeorras, na que participaron 13 bodegas da comarca cun total de 31 referencias distintas (18 marcas de tinto e 13 de branco), os viños e as bodegas distinguidas polo xurado foron en brancos:

1º Premio- Casal Novo de Adega O Casal S.A.T

2º Premio- Viña Abad de Bodega Cooperativa Jesús Nazareno

Ambiente da Feira. Foto: Ideo Comunicación
Ambiente da Feira. Foto: Ideo Comunicación

3º Premio- Cepado Godello de Adega Cepado S.L.

Mentres que en tintos os recoñecementos foron os seguintes:

1º Premio- D´Berna de Guitián y Blanco S.C.

2º Premio- Viña Costeira Mencía de Viña Costeira S.C.G.

3º Premio- Cepado Mencía de Adega Cepado S.L.

A mención especial “viños doutras añadas” foi para Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño 2015 de Bodega Sampayolo S.L.

Temas: VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta