O blues toma a cidade de Lugo esta fin de semana

Haberá concertos gratuítos de artistas internacionais coma Shirley Davis & The Silverbacks, The Lachy Doley Group, Guadalupe Plata, Fred Wesley Generations, Ash Grunwald eThe Soul Jacket.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/07/2017 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Praza da Soidade da cidade de Lugo acolle esta fin de semana os 6 concertos, totalmente gratuítos, do Blues Museum, o Festival Internacional de Blues de Lugo, que organiza o Goberno da Deputación en colaboración co Concello de Lugo. Esta cita musical conta cos artistas máis punteiros do blues, chegados de distintos puntos do mundo, coma Estados Unidos, Australia, Reino Unido ou España.

Moondogs Blues Party
Moondogs Blues Party

O festival internacional de blues compleméntase cunha masterclass gratuíta, o 23 de xullo ás 12:30 horas, impartida polo artista australiano Ash Grunwald, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Acompañado da súa guitarra, Ash mostrará as técnicas de composición e slide guitar aprendidas durante os seus 12 anos de carreira musical. Un achegamento práctico no que o australiano compartirá cos participantes as súas fontes de inspiración. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.

Programación

O venres 21 de xullo 

- Ás 22:00 horas os ingleses Shirley Davis & The Silverbacks. 

Bakin Blues Band
Bakin Blues Band

Considerada a diva do soul en Europa, Shirley Davis ponse o frente de The Silverbakcs en Black Rose, o novo lanzamento de Tucxone Records. A artista realizou numerosas colaboracións para diversos selos discográficos como  Freestyle. 

- A continuación os australianos The Lachy Doley Group. 

Lachy Doley é o mellor organista Hammond do mundo que estará de xira por primeira vez en Europa co festival de blues de Lugo. Cunha voz de blues penetrante acada espectáculos inesquecibles e hipnóticos. Acompáñano a súa banda orixinal australiana, composta por Jackie Barnes coa batería e Jan Banga co baixo. 

- Para rematar a primeira xornada os xienenses Guadalupe Plata. 

Este grupo, que leva funcionando dende o ano 2007, xa editou tres albumes sen título de folk. Galardoados con premios importantes como o da Música Independiente ou o Premio Impala, son moi recoñecidos pola súa peculiar forma de fusionar o blues co rock, jazz, psicodelia e mesmo o flamenco. O grupo está composto por tres membros, Pedro de Dios (guitarra e voz), Carlos Jimena (batería) e Paco Luis Martos (baixo, contrabalde e guitarra). 

O sábado 22 de xullo

- Ás 22:00 horas os estadounidenses Fred Wesley Generations.

Décadas despois do seu traballo con James Brown e George Clinton, que o consagrou como un dos arquitectos do funk, Fred Wesley comeza un novo proxecto que o conecta coas súas raíces do jazzy para o futuro: Generations. Generations  é un trío de contraste con Wesley no trombón, con Leonardo Corradi no órgano co batería francés, Tony Match. Tres O seu espectáculo combina talento e a experiencia de traballar con artistas de Count Basie e Ray Charles a Lenny Kravitz e D'Angelo, reflexión enérxica de Smith e outros xigantes históricos do jazz, xunto á experiencia e a mestría de Fred partidos por ritmos africanos e electrónicos de Tony Mach .

- A continuación os australianos Ash Grunwald.

Ash Grunwald é un dos artistas máis fascinantes da escena australiana. En 2015 publicou o seu noveno álbum, Now, producido por Nick un logro na carreira de Ash como respectado músico de raíces. É un disco de rock con músculo, magro, de groove innegable, descarado e imprudente, repleto de ritmos. O músico ten unha habilidade innata para conectar co público. Foi definido como un xenio da improvisación, experimentando na interpretación dos seus temas, sacándose trucos baixo a manga concerto tras concerto. 

- Clausurarán o Museum Blues os galegos The Soul jacket.

O grupo The Soul Jacket acaba de sacar un novo álbum, Volume III, no que se aproximan ao blues dos Fleetwood Mac da era Peter Green, a cadencia e o sentido da melodía dos anos dourados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneiros do Country Rock, e a melancolía mística pero reconfortante das Basement Tapes de Bob Dylan &The Band. Todo iso fúndese de maneira maxistral neste novo traballo discográfico. Sen dúbida o mellor e máis ambicioso na carreira dunha banda totalmente comprometida coa súa mensaxe e a súa música.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta